Lucho do Peto

Avelino Pousa Antelo tivo unha vida longa e intensa. Chegou á idade de 98 anos sen perder a dignidade, nen sequera nos tempos escuros, cando había que disimular para poder sobrevivir. A súa biografía está marcada polo compromiso con Galicia. Foi un home vital e entusiasta que sempre quixo, segundo deixou escrito, “conquerir unha Terra máis libre e dona dos seus destinos: esa foi a ilusión que encheu os mellores anos da miña vida e quero que sexa a miña mensaxe para a xuventude”. Algunha vez defineuse a sí mesmo como un perdedor, mais non é tal; a pesar das perdas que tivo ao longo da vida sempre mantivo unha actitude ética que lle permiteu construir unha biografía coherente, exemplar.

Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 21/08/2012

Comparte esta noticia

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.