A historia non se vai deter

.. porque a historia continúa, máis aló de nós, e cando ela di adeus, está a dicir: ata logo... Eduardo Galeano

Por Fermín Paz | As Pontes | 21/04/2025

Comparte esta noticia
Partindo de que o falar "non ten cancelas" hai que ter peito para tratar de amañar o Mundo como tentou facer Trump coas súas  medidas arancelarías, o rotulador, a táboa  e o seu "maxisterio" . Pasou en pouco tempo de atopar unha solución  para determinados  problemas económicos- fiscales do seu Pais  a meter a todo Mundo en problemas.  Non contento coa desfeita nas Relacións  Internacionais  e do recuar continuo que está a facer tanto  díante da súa parroquia seguídista como do Mundo enteiro quixo sinalar  os mandatarios dos Estados, cal ía ser o roteiro  a seguir para facerlle peticións :  " bicarlle no cu" . O novo  "Mercader Venecíano de  Washington" confirmou co seu facer o dito, quen ten cu ten medo e tanto él como  os seus,  están  a demostrar dunha maneira moi nidia que, as súas  decisións inxustas non teñen unha base ética para facer unha política de colaboura nas relacións Internacionais. Pola contra , as  medidas que, están  a tomar están presididas por unha crenza moi asentada en parte da sociedade dos EEUU, a supremacía dalgúns deles sobre os demais. Non estamos diante dun problema matemático  (se non político) como o que tanto deu que falar e que aínda hoxe hai persoas que seguen tentando resolver,  como é, a cuadratura do círculo. As relacións internacionais teñen que, basearse nunha análise do Mundo comprendido como  unha suma de moitas particularidades  e onde a política exterior e demais políticas públicas  dos Estados trasladan a súa acción internacional e  a diplomacia as ferramentas deseñadas para ser executadas. A supremacía na política é en calquera relación dos seres humanos é unha imposibilidade manifesta para a súa aceptación en libertade polos demais.
 
No período entre as dúas guerras mundiais os EEUU xa deixaran a Sociedade de Nacións, ente creado para as súas convenencias. O mais importante deste feito foi que os "Ianquis", cando deixaron de ter interese por dita construción supranacional, volveron a  mirar para o seu embigo como agora está a facer Trump. Cada vez que na historia aconteceu un feito  semellante, moitos dos Estados Europeos pasaron do "unitarismo de intereses" ao "sálvese quen poida". Esta foi a dinámica e posiblemente a vexamos de novo. A causalidade é, que a cuberta sistémica doutros tempos nutrida polos EEUU, non pode protexer a ditos Estados e tampouco é o seu interese diante de novos actores que están a esixir o seu protagonismo.
 
As gobernanzas dos Estados que teñen máis poderío económico e militar van impulsar unha redefinición da xeoestratexia Mundial, que vai a concretarse nun novo paradigma cuxa sínteses formulará a nova polarización política construída sobre numerosas fraxilizacións que están a producirse a moitos niveis. A consecuencia vai ser que, na fase transitoria, na que atopamos imos asistir a un debuxo de alianzas, ben con China  ou  os EEUU confrontados na loita polo hexemonismo. Vai ser moi dificultoso manter o espazo dos Estados non alineados cando menos nas primeiras etapas da recomposición.
 
Neste escenario aberto ao cambio, a montaxe da Unión Europea foi, é, unha estrutura de características pouco homoxéneas na súa andamiaxe política, económica e social,  feito que fai inviable a converxencia soñada e consecuentemente todo o seu entramado está a desequilibrarse. Vai pasando o tempo e a falta de encaixe está a producir debilidades no proxecto fundacional e unha inestabilidade permanente entre os 27, con tendencia a ir a máis. Non é descartable que algun acontecemento  provocado pola administración presidida por Trump poida provocar ou acelerar algunha desfeita ou abandono parcial da UE. Hai probas dabondo que no seu interior estanse a dar moitas batallas políticas, cun convidado europeo como Reino Unido que contempla desde o seu miradoiro "Brexit" como a "Europa" da que fúxeu fai auga por moitas das súas costuras, e agarda pola nova redefinición mundial para tomar posición e non ficar moi  aillado, sabendo que o pasado pasou, o presente é a porta do futuro e a súa posición, posiblemente, vai ser a de non contraer hipotecas para poder ter algunha posibilidade de xogar cunha certa autonomía e xa que logo, comprender o verdadeiro significado deste concepto  e outros, como imperialismo e colonialismo que ou ben negaban ou agachaban tras dunha fraseoloxía valeira de contido real en interese propio.
 
A guerra tanto en Ucraína como a destrución programada de Palestina por Israel- EEUU,  así como noutros conflitos que permanecen latentes e de cando en vez fan algún recordatorio nos medios de comunicación (Siria, Sudán, Líbano Irak, Haití, Myanmar,  Karabaj, , etc...), son síntomas dun tempo que,  Gramsci definiu como  períodos  bisagra entre unha vella situación que está  a morrer e outra nova aínda en xestación. Tal vez o neoliberalismo e  occidentalismo están a mutar para acomodarse mellor a dita situación por  emerxer na que os Estados Unidos non van poden impoñer unha dinámica exclusiva; Rusia terá que mover ficha no taboleiro da xeopolítica para non quedar sen influencia no reordenamento previsible; China estará disposta a renovar alianzas e facer outras que sexan favorecedoras do seu novo "status quo" e Irán, Israel, India e Turquía non van conformar con ser acompañantes e as diferentes relixións tampouco.
 
As relacións internacionais baseadas de sempre na superioridade dun actor sobre todos os demais, tiveron o seu contrapunto, na inseguridade da maioría dos pobos. Os axustes   no establecemento da nova orde mundial precisa desorde de primeiras, medo e inseguridade despois polo que é posible que os diferentes actores citados con anterioridade, teñan que facer unha escolla entre unha nova guerra fría estabilizadora ou moitas guerras quentes desestabilizadoras. Poden provocar o "caos",  o "the end" ou  o "ate aquí chegamos" a nivel local, rexional ou Mundial pero a historia non se vai deter.
 
Moitas preguntas que facer.  Rusia quere ser un aliado da China cunha Europa ( non UE), ou aliarse con dita Europa cara á China?; A dialéctica nesta nova redifinición do poderío no Mundo supoñerá privilexiar algunhos principios por enrriba  do intereses económico?; Trump e Ping son os  unecos liderados da nova era ? Atopámonos diante do peche dun dobre ciclo histórico: o ciclo neoliberal dos últimos 30 anos ou o ciclo liberal dos últimos 70? Veremos algún proxecto revolucionario no que podamos atopar  referencias ideolóxicas do pasado ou miraremos so novas formulacións  cara o futuro?. Dinámica bélica para impoñer acordos ou negociación de partida para non entrar de cheo no belicismo?. Que actor dos citados ten a posición máis comprometida de saída?. Na seguinte categorización: colaboracionista, autónomo ou soberano, que rol asignas a cada Estado dos actuais?
 
Os escenarios de guerra en  Palestina e Ucraína xunto aos conflitos entre as dúas Coreas, Taiwán, Groelandia, Venezuela, Panamá,..., van ter unha conclusión tráxica ou unha saída negociada na actual correlación de forzas?; serán sacrificios pagados polos seus diferentes pobos ou formarán parte da negociación na construción da nova orde mundial?
 
Cada resposta é merecedora dunha análise ben acaída para recoller noutros artigos de opinión. As crises xeneran oportunidades pero só para algúns. Deixarse levar pola inercia dos acontecementos supón manter a posición no mellor dos casos. Para cambiar precisamos dunha forza, xa que a primeira esixencia  do movemento é a existencia desa forza neta que actúe sobre o que se quere mover. O movemento tamėn pode ser cara adiante ou para retroceder. A guerra arancelaria está a ser o primeiro movemento na confrontación e as réplicas están a poñer enriba da mesa algunha clarificación para saber cara onde imos. Teño a seguranza que, a historia non vai deterse por dito acontecemento.
 
A etapa histórica na que estamos inxeridos vai ser apaixonante e con moitos condicionantes. O fundamental para o nacionalismo galego é combater na súa militancia a quen se deixa levar pola inercia e só trata de manter o seu "chiringo", ou a aqueles outros nacionalistas cuxo obxectivo constante é reler a historia, tanto para xustificar o seus erros como para explicar a  irrelevancia e seguemento  dás suas teses polo pobo galego. A loita na defensa de calquera agresión a Nosa Terra, veña de onde veña, e coas coartadas e os eufemismos que están a empregar os contrarios a que na Galiza haxa avances para o soberanismo son aliados do imperialismo mundial e dás súas sucursais españolistas.
 
Neste marco, as accións a desenvolver obrigan a  incrementar exponencialmente a súa  profundidade e contundencia para acadar o obxectivo dunha Nazón soberana, que decide libremente a súas relacións e á vez vai permitir clarificar o eixo sobre o cal o nacionalismo galego deberá  facer o seu aliñamento na nova orde mundial. A dinámica ten que basearse no esforzo para ser máis sen atallos tácticos. Precisada a  estratexia, o impulso interno debera ter varias prioridades: unha boa formación política e profesional ao servizo da xestión da cousa pública, a creatividade nas mobilizacións, a necesidade urxente de abandono de calquera localismo e unha forte e ampla estruturación nacional representativa para quen queira sumar esforzos.
 
Remato cunha pequena síntese . Trump ten tanto cu como medo. A realidade mundial de hoxe ten moitas diferencias coa xurdida da guerra  fría. Nas últimas décadas os liderados sistémicos  non condicionaron o funcionamento da Sociedade de Nacións, "xogaron" a vetar as resolucións  contrarias o seu interese. Algúns dos novos liderados están  a pelexar polo hexemonismo mundial para o que uns levan tempo preparándose e os outros, non están preparados para perdelo nin para negociar unha saida que conte con grandes apoios porque abre as portas a desafección, a protesta social e a division nacional. A confrontación non vai ter os limites clásicos entre neoliberalismo e  socialismo, senón que a súa conformación vai ter máis diversidade, tanto no campo territorial como ideolóxico. Asistiremos a un grande realiñamento  e os Estados de hoxe non van a poder manter a mesma  conformación. Quizás a estabilidade non vai ser a resultante da nova realidade mundial, até que os novos liderados a exploren e nun momento determinado cheguen á conclusión de que algunha orde mundial é máis desexable que a desorde xeneralizada. A supremacía na praxe política  é unha imposibilidade e ademais xamais pode ser aceptada nin consentida. Neste tempo bisagra, o nacionalismo galego non debe conformarse e deixarse levar, debe aproveitar a reordenación mundial para tentar dar un grande salto cara adiante para achegarse  os  obxectivos estratéxicos formulando de novo,  outro proxecto comun cuio contido afonde nunha analise da situacion de hoxe a nivel internacional e na Galiza e, a partires dás condicions obxetivas e subxetivas, elabore unha proposta dirixida as clases populares onde o indiscutible ten que ser a consecución dunha soberania plena para a Nazon Galega e  polo demais aberta na súa construcción e participación a quen se comprometa cos puntos acordados e fixados polos participes no chamado que se faga ao pobo galego baseado de primeiras no seguinte principio  : o camiño de todos os pobos cara a súa liberacion non pode facerse  descoñecendo as características nacionais de cada país.

Donald Trump
Donald Trump | Fonte: JDNikhinson - AP - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.