Por Galicia Confidencial | | 06/02/2020 | Actualizada ás 19:30
Francisco Canosa, xeólogo, dá conta do alto valor que teñen concellos coma Moeche e os da súa contorna a nivel xeolóxico. Á súa vez, explica como son as rutas divulgativas que realiza nestas zonas.
Faino para o proxecto Entrelinguaa, unha idea de estudantes de Xornalismo da Universidade de Santiago que recibiu a bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Entrelinguas é un proxecto que está en fase de desenvolvemento e que constará dunha serie de reportaxes multimedia sobre a diversidade lingüística, cultural e histórica dos concellos galegos da autoría de Alejandro Vázquez Corral, Sara Barreiro Álvarez e Antonio Méndez Rodríguez.
Consiste na realización dunha serie de reportaxes multimedia sobre un conxunto de concellos de Galicia onde se amosa, en primeiro lugar, as diferentes falas da comunidade e, en segundo lugar, a diversidade histórica, cultural (música, gastronomía, arte, etc.) e etnográfica na nosa terra.
Os obxectivos do proxecto son, mediante mostras audiovisuais, contar a historia da Galicia “esquecida” e, en boa medida, “illada” por causa do éxodo rural; salientar as diferenzas lingüísticas da nosa terra e evidenciar a ampla diversidade cultural, histórica, musical, gastronómica, etnográfica e paisaxística de Galicia. Para conseguir todo iso, seleccionáronse 13 de menos de 3.000 habitantes que exemplifican as diferentes áreas dialectais de Galicia: Entrimo, Negueira de Muñiz, Moeche, Corcubión, Laxe, A Mezquita, Oia, Cervantes, Fornelos de Montes, Portomarín, As Nogais, Riós e Baleira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.