Aumentan os casos e empeora a situación dos infectados nas residencias de anciáns

Na DomusVI San Lázaro de Santiago hai cinco casos confirmados, tres pendentes e dous con síntomas, e na Domus VI Barreiro de Vigo dous confirmados, unha delas “desahuciada” polos médicos do Cunqueiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os casos de maiores contaxiados en residencias galegas comeza a ser preocupante, especialmente, na DomusVI San Lázaro de Santiago, onde poderían ser xa dez anciáns os contaxiados. Así, tras o primeiro positivo do pasado martes, están confirmados xa catro casos máis que foron derivados ao hospital La Rosaleda e hai tres usuarios illados con síntomas do virus agardando polos resultados.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Ademais, segundo informan familiares a GC, nas últimas horas dous anciáns comezaron a ter febre e síntomas similares aos do coronavirus, pero aos que aínda non se lles fixo a proba. Todos os casos confirmados e os probables están na planta dúas deste centro, que está illada. Tamén están en corentena nas súas casas cinco traballadores que exercían as súas funcións nesa planta. O resto dos usuarios –hai máis de 150 internos, 50% das prazas concertadas coa Xunta-- están pechados nos seus cuartos sen poder saír.

Os familiares insisten en denunciar que, en moitos casos, non poden falar cos seus familiares, “a pesar do que diga a dirección do centro e da Xunta”. Tamén critican que a TVG “adique medio telexornal a falar dos centros de maiores de Madrid e non fale do que pasa en Galicia”.

VIGO

Por outra banda, no DomusVI Barreiro, en Vigo, hai dous casos confirmados xa. Un deles, segundo familiares consultados, “foi xa desahuciado polos médicos do Álvaro Cunqueiro”. Con todo, cren que nas vindeiras horas pode haber un ou dous novos casos positivos.

Con todo, hai unha boa nova, xa que o médico do centro, que permanecía illado por temor a ser contaxiado, deu negativo nas probas e se reincorporará o traballo o luns. Varios dos residentes están illados nos cuartos individuais da primeira planta, segundo os familiares, “con síntomas preocupantes”.

Nas últimas horas realizáronse 38 test a 20 traballadores e 18 residentes que estiveron en contacto cos contaxiados, pero aínda non se saben os resultados.

OUTRAS RESIDENCIAS

Este sábado coñeciase a primeira morte dunha usuaria de residencia, trátase da muller do centro de Celanova que estaba ingresada no Hospital de Ourense. Tamén está hospitalizada outra persoa que deu positivo do asilo de Caldas de Reis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta