Por Moncho Mariño | Xove | 07/04/2020 | Actualizada ás 14:00
Juán é o sacerdote da parroquia de Xove, no concello do mesmo nome. E tamén está sufrindo os rigores da corentena imposta para frear o coronavirus. “Tiven un enterro baixo as novas medidas o luns 30 de marzo, alí só estabamos o persoal funerario, tres persoas da familia e eu”.
É un situación difícil para el e para as familias, pero Juan comenta que “os máis achegados tamén entenden a situación". "No meu caso foron avisados pola mañá de que non podían ir ao tanatorio”, di ao suliñar o duro trance que para unha familia supón non velar ao seu ser querido.
Como sacerdote oficiante do sepelio, preguntámoslle se a diócese emitiu algunha orde especial aos seus párrocos. “Non, basicamente temos que respectar as distancias de seguridade e así non hai problema”
A separación definitiva dun familiar supón un transo difícil, mais o sacerdote apunta, o mesmo que a funeraria que o momento desa separación “aumenta máis a dor por non poderen pasar xuntos os momentos de dó e de despedida, é difícil e complicado”. Por outra parte, como un dos seus labores principais, o de acompañar ás familias nos momentos do velorio, agora que as medidas de seguridade non o permiten “non podemos estar coas familias para axudarlles a pasar o momento, só podemos facer unha cerimonia moi breve”.
As medidas restrictivas sobre os enterros e as pompas fúnebres en xeral, rextrinxiron, polo menos momentaneamente, as diferentes actividades que se desenvolvían arredor destes actos, como os velorios. Ademais, as empresas funerarias tiveron que extremar as medidas de seguridade incrementando o gasto en material de protección e con novas medidas de manipulación de corpos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.