O BNG admite que non soubo conectar co 15M

Desmontar Galiza Nova. Medidas así de extremas chegan a discutirse abertamente dentro do Bloque ante a perda de apoios entre os mozos. A lentitude en entender o impacto dos indignados e outros dos factores que o BNG sinala como responsábeis do seu devalar.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/12/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Construíndo Futuro, Documento aberto para o debate sobre o futuro do nacionalismo e a revitalización do BNG". Así se chama o resume da primeira rolda de debate interno realizada pola militancia do BNG nas súas asembleas comarcais". Está publicado nunha nova web, lanzada baixo a etiqueta #proponconosco, e busca suscitar o debate entre militantes, simpatizantes e votantes do Bloque tras o "mal resultado" do 21 de outubro.

Gran parte do documento céntrase na autocrítica, en aspectos nos que o propio BNG admite que pode ter errado. Iso si, a formación reafírmase nas súas bases ideolóxicas: "o BNG debe seguir a ser unha forza nacionalista, comprometida coa conquista dunha Galiza soberana, e de esquerdas".

Un dos aspectos nos que se fai máis incidencia é na falta de conexión dos mozos co Bloque, evidente polo derrube do voto urbano. A autocrítica chega ao punto de admitir que dentro do propio Bloque hai que propón disolver Galiza Nova, a organización da mocidade pro-BNG. "Existen compañeir@s que preferirían prescindir dunha estrutura xuvenil integrando a mocidade directamente no BNG ou creando asembleas de moz@s no BNG", resume o documento.

O Bloque admite entre liñas que non soubo captar o descontento dos mozos que protagonizaron o movemento dos indignados, ante o que cómpre " unha ampla e sincera autocrítica". Así, o documento indica que "quizais nos falta flexibilidade e destreza para integrar as propostas doutros colectivos e persoas que traballan connosco (...) ou tardamos demais en admitir a súa presenza e virtualidade (p.e., caso do 15-M)".

Malia que o difuso ideario do 15M comparte moitos puntos comúns co discurso dos partidos de esquerda (defensa dos servizos públicos, rexeneración da democracia, denuncia da corrupción dos poderes económicos ...), a relación do Bloque cos indignados galegos nunca foi fluída. En boa medida, porque os nacionalistas desconfiaban dun movemento cidadán que naceu en Madrid e que, dado o seu éxito, cuestionou o tradicional liderado da esquerda nacionalista no artellamento de mobilizacións nas rúas galegas.

O voceiro nacional Guillerme Vázquez achegouse unha vez á asemblea da Acampada Obradoiro, e marchou tras ser criticado por varios dos presentes por supostamente tentar sacar rédito político do movemento. Polo contrario, Xosé Manuel Beiras, daquela dentro do Bloque e hoxe voceiro de Alternativa Galega de Esquerdas, foi invitado a dar varios relatorios e participou nas manifestacións deste movemento.

Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo
Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo | Fonte: Foto: Miguel Núñez

Por que Beiras si e Guillerme non?

Por que Beiras si e Guillerme non? O documento diagnostica que o BNG "acabou sendo percibido por unha parte da cidadanía e, especialmente da xuventude, como un partido máis desa paisaxe", en referencia ao sistema de grandes partidos, e aos seus vicios, que cuestiona o 15M.

"Unha forma de comunicar que puido quedar algo acartonada" é un dos factores que o Bloque admite que influíu na súa separación co seu electorado máis mozo. Para solucionalo, o BNG propón unha nova forma de comunicar, superando as súas dificultades cos grandes medios, e apostando polas redes sociais e a Internet.

O Bloque tamén propón facer máis énfase en temas que tradicionalmente son inquietudes dos máis mozos. Así sinala que " o ecoloxismo, o feminismo, etc que aínda sendo parte central dos nosos sinais de identidade desde a nosa fundación o certo é que posibelmente perderon algo de protagonismo no noso discurso diario".

Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Acto de Galiza Nova
Acto de Galiza Nova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

14 Xurxo

Os coroneis da UPG ( o único e auténtico proletariado galego)viviron sempre moi ben e para "xente nova" abóndalle con mozos mediocres e obedientes tipo Lobeira ou Pontón. Para que complicarse a vida cos mozos do 15-M?

1 feilpe de xinzo

quen asina?: Xurxo our Domingos Sampedros, ou Roberto Blanco Valdés, ou a caverna mediática, ou quén? Sempre coa mesma historia, aburrides

13 Durruti

Imos camiño de convertirnos no país tercermundista con mais tasa de pixos progres por metro cadrado. Estos eran os que lles decian ao brazo armado da burguesia que se uniran a eles, cousa que deixaba ben as claras o desnorte político e de concencia que ten esta xentiña. E ben que se uniron, infiltrandose e mallando neles. En fin...como decía un por ai, fan falla moitos mais paos e pasalas ben mais canutas para que a xente desperte.

12 Requiem pola socialdemocracia

E que conseguiron estes? Maiorias absolutas pepeiras e introducir no mapa político galego a esquerda españolista claudicante, expoliadora do noso e culpable polo seu entreguismo dende os pactos da Moncloa da situación actual na que nos atopamos. Que foi das suas homonimas revolucións laranxas e primaveiras árabes?. De Tahir, Libia ou Tunez, un recambio do sistema dos seus peóns xa gastados por novas carasc afíns. Levano claro os que crean que os burgueses, van trocar os seus habitos por medo aos flowers power. Permitian un estado social, polo medo a posicións mais extremistas co telón de aceiro de fondo.

1 Requiem pola socialdemocracia

Falaba hai pouco un banqueiro europeo, do medo que lle tiñan a previsible volta ao socialismo nos países do leste europeo. E poucos días despois nas eleccións a gobernadores e gobernos autónomos en Chekia e Bohemia os comunistas foron a primeira e segunda forza política, podendo chegar a gobernar dos 6 de 13 gobernos en disputa. Pensase que nun futuro próximo poidan pasar a gobernar en Rusia, Letonia, Moravia, Ucrania e posiblemente Bulgaria.

2 Roi Xordo

Si ho si, todos eles países ben avanzados. A socialdemocracia estará feble, pero o comunismo agás en China, onde por certo practica un capitalismo de estado ben salvaxe, nin existe nin se agarda que exista.

11 observador

O BNG debe renovarse ou morrer. Se acusou a Beiras de baixar votos e renovouno, se acusou a Quintana de baixar votos e renovouno.. pois agora toca renovar. Toda a xente da executiva de 15 membros que leva na executiva máis de 25 anos, ou máis de 30 humildemente creo que debería dar un paso atrás dos de verdade, ser militante de base e deixar paso a nova xente a a novas ideas. A xente que non é parte da solución é parte do problema.

1 Lubre

Observador, estou totalmente de acordo.

10 As caladas

Pregunta. Galiza Nova é a organización xuvenil do BNG ou é a organización dos fillos e fillas dos liberados da CIG, da UPG e do propio BNG? Esa pode ser unha pregunta que contestala explicaría moitas cousas. Non coñezo unha organización política con tan mala imaxe entre a mocidade como Galiza Nova. Integristas, negacionistas, sosos, altivos (cos os/as pertinentes) e, sobre todo, con un posto sempre fixo nas listas do BNG. Non si, camarada Iria Aboi? Mais, quen fixo a gran crítica ao 15-M? É que alguén o esqueceu?. Nada máis e nada menos que o todo poderoso e eterno Paco Rodríguez. Outra. Guillerme na acampada? Foi a ela, co Mejuto de gardacostas, como se fose de viños polo Franco. Non máis. É o seu.

1 Pobriño ti

Xa estamos con que mamá me criticaron cando dixen que os ladróns e os non ladróns eran iguais, pobriño eu... Agora explica que o teu referente mide despachos se alporiza por ter que presentar a declaracion de patrimonio e vai a presentacións de libros de Frijol. http://www.lavozdegalicia.es/notici...