O BNG admite que non soubo conectar co 15M

Desmontar Galiza Nova. Medidas así de extremas chegan a discutirse abertamente dentro do Bloque ante a perda de apoios entre os mozos. A lentitude en entender o impacto dos indignados e outros dos factores que o BNG sinala como responsábeis do seu devalar.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/12/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Construíndo Futuro, Documento aberto para o debate sobre o futuro do nacionalismo e a revitalización do BNG". Así se chama o resume da primeira rolda de debate interno realizada pola militancia do BNG nas súas asembleas comarcais". Está publicado nunha nova web, lanzada baixo a etiqueta #proponconosco, e busca suscitar o debate entre militantes, simpatizantes e votantes do Bloque tras o "mal resultado" do 21 de outubro.

Gran parte do documento céntrase na autocrítica, en aspectos nos que o propio BNG admite que pode ter errado. Iso si, a formación reafírmase nas súas bases ideolóxicas: "o BNG debe seguir a ser unha forza nacionalista, comprometida coa conquista dunha Galiza soberana, e de esquerdas".

Un dos aspectos nos que se fai máis incidencia é na falta de conexión dos mozos co Bloque, evidente polo derrube do voto urbano. A autocrítica chega ao punto de admitir que dentro do propio Bloque hai que propón disolver Galiza Nova, a organización da mocidade pro-BNG. "Existen compañeir@s que preferirían prescindir dunha estrutura xuvenil integrando a mocidade directamente no BNG ou creando asembleas de moz@s no BNG", resume o documento.

O Bloque admite entre liñas que non soubo captar o descontento dos mozos que protagonizaron o movemento dos indignados, ante o que cómpre " unha ampla e sincera autocrítica". Así, o documento indica que "quizais nos falta flexibilidade e destreza para integrar as propostas doutros colectivos e persoas que traballan connosco (...) ou tardamos demais en admitir a súa presenza e virtualidade (p.e., caso do 15-M)".

Malia que o difuso ideario do 15M comparte moitos puntos comúns co discurso dos partidos de esquerda (defensa dos servizos públicos, rexeneración da democracia, denuncia da corrupción dos poderes económicos ...), a relación do Bloque cos indignados galegos nunca foi fluída. En boa medida, porque os nacionalistas desconfiaban dun movemento cidadán que naceu en Madrid e que, dado o seu éxito, cuestionou o tradicional liderado da esquerda nacionalista no artellamento de mobilizacións nas rúas galegas.

O voceiro nacional Guillerme Vázquez achegouse unha vez á asemblea da Acampada Obradoiro, e marchou tras ser criticado por varios dos presentes por supostamente tentar sacar rédito político do movemento. Polo contrario, Xosé Manuel Beiras, daquela dentro do Bloque e hoxe voceiro de Alternativa Galega de Esquerdas, foi invitado a dar varios relatorios e participou nas manifestacións deste movemento.

Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo
Manifestación dos 'indignados' o pasado 15 de outubro en Vigo | Fonte: Foto: Miguel Núñez

Por que Beiras si e Guillerme non?

Por que Beiras si e Guillerme non? O documento diagnostica que o BNG "acabou sendo percibido por unha parte da cidadanía e, especialmente da xuventude, como un partido máis desa paisaxe", en referencia ao sistema de grandes partidos, e aos seus vicios, que cuestiona o 15M.

"Unha forma de comunicar que puido quedar algo acartonada" é un dos factores que o Bloque admite que influíu na súa separación co seu electorado máis mozo. Para solucionalo, o BNG propón unha nova forma de comunicar, superando as súas dificultades cos grandes medios, e apostando polas redes sociais e a Internet.

O Bloque tamén propón facer máis énfase en temas que tradicionalmente son inquietudes dos máis mozos. Así sinala que " o ecoloxismo, o feminismo, etc que aínda sendo parte central dos nosos sinais de identidade desde a nosa fundación o certo é que posibelmente perderon algo de protagonismo no noso discurso diario".

Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Beiras (esquerda), voceiro de Anova e Xoán Hermida (dereita), voceiro de Ecosocialistas, antes dun acto na Acampada Obradoiro
Acto de Galiza Nova
Acto de Galiza Nova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

8 Xan ate as bolas

Agora a facerlle as beiras a "disidencia" pre fabricada. Facer o mesmo que os que criticabades de oportunistas, e polos mesmos afans electoralistas. Atopome con moitos dos que pensaba de intelixencia mais alta que o seu medo pequeno-burgués...mais nada meu, non hai remedio! Fai falla chegar a extremos mais grandes de expolio de esa clase media onirica que temos, para que opten por movementos políticos que ainda perciben coma extremistas. Vou farto de atoparme a funcionarios, parados, obreiros ou pensionistas, sen concencia que van de liberais e "libre pensadores" pola vida. Pois farán moitas mais voltas de torca.

7 Gamela

Dicía miña nai: o galego sempre ten o acordo tarde; canta razón tiña... Seica agora tocan os mea-culpas-mediáticos? O vídeo do psoe pedindo perdón (polo morro) polo menos Pablo Castellano NGB foi pagando algo grazas ao arbitraxe nas preferentes (agora seica todos queren apuntarse!) PERO estou ata os collóns de aturarar disculpas-e-perdóns coa boca pequena, e por riba GRATIS! Os "perdóns" que se vexan no Parlamento! e no CESE fulminante de Paco Rodríguez dunha vez por todas!!! (ou fai igual co Pachi Vázquez, que mantense no cargo aínda que non teñan deputados vivos?) Trangalleiros é o que son algúns políticos deste país! Máis nada!

6 BrunoVil

Por fim!!! autocriticaaaa!!!. Parabéns ao BNG, este é o caminho. A confiança nom se recupera em 2 dias, haverá que demostrar a base de feitos que a leiçon está aprendida. Outro conselho, achegar-se aos movimentos sociais sem bandeiras do partido em alto, fazelo com a estreleira si se quere, sim, mas nom com as do partido.

5 valexo

continúo a non entender porque ésta parte do documento non é digna de mención "... Existe un amplo consenso en abordar un debate construtivo para atopar solucións que eviten a reprodución de dinámicas pasadas que resultaron claramente negativas para o BNG e, polo tanto, para o nacionalismo. É momento de reconsiderar a presenza de grupos organizados ou cómpre mudar as regras de xogo para estes? Como garantir que as estruturas do BNG sexan o espazo de todos os debates e acordos sen mediacións previas? ..." Debe ser a primera vez en moito tempo que de maneira oficial o bng admite que existe o debate interno sobre continuar ou non a ser unha organización frentista ou polo contrario convertirse en partido clásico, coas conseguintes consecuencias históricas que eso suporía, como por exemplo a disolución da upg.