As praias de Riazor e do Orzán ateigadas e con xente bañándose a pesar das prohibicións

As elevadas temperaturas están a provocar que centos de persoas acudan ao paseo e as praias de Riazor e do Orzán.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/05/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

"Son as seis da tarde e as praias da Coruña están cheas de xente, tanto na area como mesmo bañándose na praia". É a denuncia que fixo un veciño desta cidade que contactou con este medio para denunciar esta situación xa que tanto o decreto do Goberno central para a fase 1 como as ordeanzas municipais impiden deitarse a tomar o sol na praia e tampouco bañarse.

Praias do Orzán e de Riazor, na Coruña
Praias do Orzán e de Riazor, na Coruña | Fonte: UC

"Eu chamei á Policía Local pero dinme que están facendo a vista gorda, sobre todo, cos nenos, para que poidan meter as pernas na auga", comenta este veciño que confirma que, non se trata de meter os pés na auga, senón que a xente está tomando un baño. "E non un, nin dous, senón unha chea de xente, grandes e pequenos", asegura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta