Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/09/2005
estamos a sufrir un gran desconcerto e unha sensación de total abandono por parte tanto da actual dirección, como dos sindicatos, e dos responsables políticos de nomear o futuro corpo directivo de esta casa.
A meirande parte de nos levamos traballando mais de cinco, oito,
e incluso algún mais de quince anos, desenrolando as mesmas funcións, eso si, cambiando moitas veces de programa, horarios, e con pequenos períodos de paro para supostamente evitarnos calquera pretensión de reclamar dereitos por antiguidade. A empresa xa ten experiencia sobrada no caso de reclamacións por despidos nulos ou improcedentes, por reclamación de dereitos ante Maxistratura, por queixas constantes de incumprimentos en horarios, salarios, contratacións ilegais etc.. pero non variou a súa política de contratar en precario e buscar tódalas artimañas para non convocar novas prazas fixas. Os compañeiros que tiveron a valentía de presentar o seu caso ante a Xustiza tiveron a satisfacción de ver cumprida a súa reclamación pero tamén comprobaron como se lles pechaba a porta non só da TVG senón de calquera empresa que traballe para ela. Ante ese panorama moitos traballadores pénsanse dúas veces calquera pretensión de entaboar
medidas legais pois o día a día manda e ninguén quere ver truncado o seu futuro profesional.
Ó día de hoxe a interinidade no mando da antiga dirección esta a
supor un risco de quebra irrecuperable da compañía por diversas cuestións de enorme relevancia:
- Estanse a renovar contratos con productoras "amigas" e con empresas ou persoas que levan moitos anos xestionando orzamentos clandestinos e desvío inxustificado de fondos a outros menesteres. A revocación diso resultaralle moi cara á nova dirección.
- Estase a hipotecar o orzamento non so do ano entrante senón probablemente de algún outro mais polo que calquera idea de renovación verase moi condicionada.
- Estase poñendo en perigo o futuro profesional de moita xente, sobre todo técnicos, de moita valía e experiencia nesta casa que levan anos con contratos lixo e que non entraron nela por ter un "padriño" que lles deixe agora ben atado o seu futuro inmediato. A gran maioría non ten afinidade política ca actual dirección mais ben todo o contrario. Á actual dirección non lle interesa que queden en vigor os chanchullos legais que foi empregando nas contratacións polo tanto prefire desfacerse canto antes de tódolos que poida.
Por estas razóns é lóxico reclamar un recoñecemento por parte dos novos responsables políticos para que alomenos se estabilice a normalidade contractual dos que consideramos ter dereitos adquiridos por formación, antiguidade, experiencia e profesionalidade demostrada e recoñecida no noso sector, Esiximos que se teñan en conta estas condicións para manter esta empresa con dignidade."