Os farmacéuticos alertan: "a máscara non protexe contra a radiación solar, hai que botar crema"

Non recomendan empregar protectores de anos pasados xa que "poden ter perdido as súas propiedades"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC) advirte da necesidade seguir empregando crema solar baixo a máscara protectora xa que o tecido desta non impide o paso da radiación solar. Nunha campaña de concienciación presentada de cara ó verán, o colexio mestura os consellos acostumados para o coidado da pel coas novas recomendacións derivadas da 'nova normalidade', que ameaza con deixar para o recordo un verán atípico.

Unha muller con máscara fai unha foto co móbil no segundo día de desconfinamento Joaquin Corchero. Europa Press
Unha muller con máscara fai unha foto co móbil no segundo día de desconfinamento Joaquin Corchero. Europa Press

Malia o peche de piscinas e o establecemento de limitacións de aforo nas praias, o colectivo lembra a necesidade de empregar "un factor de protección alto" e evitar tomar o sol entre as 12 e as 16 horas. A campaña do colexio, "especialmente" dirixida ós afeccionados ó deporte en aberto, tamén chama a atención sobre os protectores de anos pasados. Sinalan que é preferible non empregalos xa que poderían ter perdido as súas propiedades protectoras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta