Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 19:44
As escolas infantís dependentes da Xunta comezarán a próxima semana a súa adaptación de face ao próximo curso aos protocolos de seguridade fronte á COVID-19 para formalizar a súa reapertura
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social informou ás organizacións sindicais de que os efectivos das gardarías reincorporaranse o luns ao seu posto de traballo, co fin de preparar os centros para a incorporación aos usuarios no próximo mes de setembro.
Segundo trasladaron fontes da Consellerías, trátase de ir adaptando os postos de traballo e os mecanismos das escolas infantís aos protocolos publicados a semana pasada, ademais de ir adaptando os inmobles ao proceso de matrícula presencial que se abrirá proximamente unha vez se publique a primeira listaxe de admitidos, que será "deica pouco".
En todo caso, o obxectivo desta reincorporación é para a preparación das dinámicas de traballo e dos centros, polo que os traballadores "non van estar máis do necesario".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.