A saúde, a primeira gran vítima da vitora de Feijóo

A plataforma en defensa do centro de saúde de Touro anuncia que renuncia a continuar as protestas e reivindicacións por unha sanidade pública tras comprobar o apoio masivo do veciños dete concello a Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Touro | 13/07/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

"No último ano fixemos o imposible para que os nenos deste concello volvesen a ter un servicio pediátrico digno e unha atención primaria de calidade para todos os nosos veciños. Puxemos do noso tempo e da nosa paciencia, coa única finalidade de ter un servizo que nos pertence polo feito de ser cidadáns". Así comeza a plataforma en defensa do centro de saúde de Touro un comunicado no que anuncia a fin das súas reivindicacións

Centro de Saúde
Centro de Saúde | Fonte: EP

Faino un día despois da vitoria incontestable de Feijóo nas urnas e logo de que a maior parte dos veciños dese concello teñan votado polo PP, a pesar de ter "recompensas como o apoio recibido por unha parte dos veciños". É por isto que temos que agradecerlle a esa xente que nos apoiou e animou por entender os nosos motivos para liderar unhas reivindicacións que deberían ser compartidas polo totalidade da veciñanza, un obxectivo que non conseguimos", indican.

Os integrantes da plataforma lembran que, durante todo este tempo, fixeron un "gran sacrificio" e  quitaronlle tempo as parellas, fillos e ocupacións laborais para poder defender o dereito á saúde. E todo, suliñan, por defender a sanidade pública e loitar contra os recortes do Goberno de Feijóo.

"Defendemos o que consideramos xusto, pero entendemos que é o momento de apartarnos porque as nosas reivindicacións non son compartidas pola maioría dos nosos veciños. Onte os veciños  falaron onde o tiñan que facer: nas urnas. E o resultado é claro, as políticas sanitarias de recortes que padecemos neste concello saíron reforzadas", apunta a plataforma. Por iso, suliña que non tería sentido "seguir indo contracorrente" cando os veciños están a favor da xestión que se está facendo do centro de saúde e na atención primaria en xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Ixtlán

Se os veciños de Touro (e os de tantos lugares de Galicia" cren na eutanasia colectiva votando Feijóo e as políticas do PP, terán que achantar coas consecuencias. Como din en castelán, "que cada palo aguante su vela".