Pechan os centros de acollida de migrantes en Ribeira de Piquín e Sobrado dos Monxes

Aínda que non concretaron as cifras, os migrantes que non acabaron o itinerario serán recolocados noutros centros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2025 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Os centros de acollida de migrantes situados no municipio lucense de Ribeira de Piquín e o coruñés de Sobrado dos Monxes botan o peche, segundo informaron fontes do Goberno.

A clausura dos centros xestionados por ONG Rescate débese a que unha maioría dos acollidos completou xa o programa de emerxencia. Aínda que non concretaron as cifras, os migrantes que non acabaron o itinerario serán recolocados noutros centros.

Insisten tamén en que unha gran parte dos migrantes abandonan o programa cando se trasladan a redes de apoio propias, familiares e amigos, e atopan traballo.

O centro de Ribeira de Piquín contaba con 62 prazas, mentres que o de Sobrado dispuña de 74. Tampouco transcendeu aínda en que data deixarán de operar os centros, aínda que serán clausurados ao longo deste mes.

Arquivo - Un grupo de migrantes refuxiados no hotel no que permanecen aloxados en protesta pola denegación das súas solicitudes de asilo, a 19 de febreiro de 2025, en Monterroso, Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un grupo de migrantes refuxiados no hotel no que permanecen aloxados en protesta pola denegación das súas solicitudes de asilo, a 19 de febreiro de 2025, en Monterroso, Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta