As estrañas dilacións e desaparacións do caso Jimmy: testemuñas chaves que non aparecen

A Audiencia de Madrid non localiza a unha testemuña fundamental para meter na cadea aos asasinos do siareiro deportivista. Nin a Policía, nin o xuiz que instruía o caso quixeron darlle protección.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/07/2020 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Madrid, a través da Policía Xudicial, non localiza por agora á testemuña chave na investigación penal pola morte do seareiro do Dépor Francisco Javier Romeu, 'Jimmy', durante unha liorta que enfrontou o 30 de novembro de 2014 a seguidores do Riazor Blues e a Fronte Atlético, confirmaron a Europa Press fontes xurídicas.

O caso estaba pechado pero a Audiencia de Madrid ordenou o pasado mes de abril a súa reapertura a instancias dun recurso interposto pola acusación particular contra o auto que pechou a causa en xuño de 2018 ao non existir "indicios de criminalidade contra ningunha persoa".

O envorco no caso produciuse ao considerar a Audiencia a unha testemuña ignorada polo xuíz instrutor que apareceu durante as pescudas xudiciais nun oficio da Policía no que se indicaba que manifestou en sede policial quen eran os autores e que coincidían cos nomes que apuntou unha testemuña protexida ao que non se deu credibilidade.

A defensa da familia do falecido recorreu o auto de arquivo debido a que o instrutor non tomou declaración a esta testemuña, un feito que si valorou a Audiencia. A pesar diso, a Sección a través da Policía leva desde abril tentando sen éxito localizar a esta persoa, segundo sinalaron a Europa Press as mesmas fontes. "A Policía aínda non deu ao xulgado a dirección exacta", engaden as fontes.

Os maxistrados da Audiencia madrileña sinalaron que se os nomes dos supostos autores dos feitos coincidían cos nomes que deu unha testemuña protexida xa non se podería dubidar da credibilidade da testemuña protexida.

O auto da Audiencia apuntaba que esta testemuña non quixo declarar ante a comisaría ao non ter protección e tampouco ante o xuíz, quen non lle outorgou o recoñecemento de testemuña protexida na causa penal como si fixo con outras persoas que presenciaron os feitos.

O pasado setembro, o xuíz que investiga o caso acordou nunha peza separada do groso principal a apertura de xuízo oral contra un total de 82 persoas pola súa presenta participación na rifa tumultuario que desembocou na morte do seareiro do Deportivo.

O seareiro do Depor asasinado Jimmy. EUROPA PRESS - Arquivo
O seareiro do Depor asasinado Jimmy. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta