O maxistrado di que on hai ningunha disposición legal que ampare o dereito á folga dun avogado en relación aos asuntos que se lle atribúan pola quenda de oficio.
  comenta   0
Aínda que todos temos unha concepción material e funcional dos hórreos, dende o GC queriamos coñecer tamén a súa parte máis espiritual e inmaterial, e facémolo da man da antropóloga Ana Isabel Filgueiras.
  comenta   0
O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
Galicia é o lugar do mundo onde existen máis construción deste tipo: 100.000 repartidas ao longo de todo o territorio. Sen embargo, non son os hórreos máis antigos do mundo, pois comezaron a construírse a partir do 1601 e da proliferación do cultivo do millo, como lugar para gardar a colleita. O GC comeza unha serie sobre esta a arquitectura galega falando co presidente da Rede Hórrea, Carlos Henrique Fernández Coto.
  comenta   0
A Asociación de Xornalistas de Galicia destaca o seu "compromiso persoal e profesional", así como "a súa condición de pioneiro do xornalismo total".
  comenta   0
Lamenta que "a artesanía hai quen a valora e hai quen non e ese é un problema". Conta ao GC que "a xente nova non amosa tanto interese no que fago, vén á feira ver como fago as cousas, pero non se ven facéndoas eles nin saben se o que vendo é feito á man ou comprado".
  comenta   0
"Agora xa ninguén quere mobles ornamentais, nin pasamáns tallados", asegura o artesán, que lamenta que, todas estas circunstancias sumadas, fixeron que este oficio "fose morrendo ou quedase practicamente residual". Dende o Galicia Confidencial reflexionamos con este artesán sobre a decadencia desta fermosa arte.
  comenta   0
Conta ao Galicia Confidencial que mesmo "teño ido a algunha escola coa fragua para dicirlle aos rapaciños como era", pero, "de entre todos os estudantes, atopas dous, como moito, que se preocupen disto".
  comenta   0
Un ano máis, o concello ourensán lembra e pon en valor un oficio autóctono cun programa de actividades que terá lugar entre este 26 e o 29 de setembro.
  comenta   0
Simega rexeita as palabras do xefe de Pneumoloxía que insinuaba "blandenguería" entre os facultativos, lembrando que os médicos tamén son traballadores con dereitos.
O Galicia Confidencial percorre os mananciais das profundidades da capital galega da man dos guías da iniciativa 'Patrimonio Invisible'. Sabías que nos anos de 1938-1939 o 59 % de todas as casas de Santiago non tiñan auga potable e, no rural, a porcentaxe ascendía ata o 99 %.
  comenta   0
O galardón pretende salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas galegas co recoñecemento de figuras imprecindibles deste sector.
  comenta   0
Francisco González, presidente da Asociación Galega de Cetreiros e responsable de Falcóns Galicia asegura que relevo xeracional si hai, vinculado tamén ás exhibicións que se fan nas feiras, pero o problema son os trámites burocráticos para ter unha ave.
  comenta   0
O Defensor del Pueblo, Ángel Gabilondo, iniciou actuacións de oficio coas comunidades autónomas e as cidades autónomas para solicitar información sobre os atrasos na valoración de persoas con discapacidade, despois de que o número de queixas cidadás se triplicase nos últimos cinco anos.
  comenta   0
O concello vén de abrir a convocatoria para inscribirse neste mercado de artesanía que terá lugar o día 8 de setembro.
  comenta   0
O Ministerio de Facenda confirma que a subida afectará a máis de tres millóns de traballadores, incluíndo persoal das comunidades autónomas e corporacións locais, cunha alza adicional do 0,5% prevista para xaneiro de 2025
  comenta   0
Repasamos da man de Fernando García Novo, xerente do consello territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, os puntos positivos e negativos na actualidade.
  comenta   0
Un cento de avogados presentaron a súa renuncia a exercer na quenda de oficio de penal xeral e únense ás decenas de letrados que se apartaron deste servizo en varios partidos xudiciais galegos en protesta polas condicións nas que realizan o seu traballo.
  comenta   0
Representantes do sindicato de enfermaría Satse mantiveron o mércores unha reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o seu equipo para trasladarlle as súas principais reivindicacións.
  comenta   0
Para Tami Prieto, unha moza do Grove, o que ela facía cos seus pais de pequena e o que súa nai facía antes co seu avó recollendo tesouros que o mar traía ata a praia non era 'ir ás crebas', senón 'ir aos achados'. Lembra con nostalxia unha madeira dun barco que tiñan enriba da cheminea da casa e que poñía 'Singapore'.
  comenta   0
Aínda que non lle gusta falar de temas persoais nos seus murais, ben é certo que os que fixo como homenaxe ao seu pai e no colexio dos seus fillos son para ela os máis especiais. Xunto á súa parella, Miguel Peralta, fundou a cooperativa Estola, e non paran de crear dende fai xa máis de 10 anos.
  comenta   0
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.
  comenta   0
Isabel púxose diferentes estilos grazas á súa neta e atopou cousas que lle gustaban moito e que, doutro xeito, polos parámetros sociais, nunca tería posto. Elena conta que "o outro día rouboume unhas Adidas Gazelle negras". E Isabel admite que "eu se me queda ben e me vexo ben póñome ata un corno se fai falta".
  comenta   0
Este domingo 21 de abril celebrará a XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto cun programa máis amplo que noutras edicións e máis artesáns participantes.
  comenta   0
Xubílase a única expoñente desta olería ancestral, que continúa viva na actualidade: Só tres familias de 60 veciños podían vivir das terras, o resto facía cacharros de barro para poder usar e vender".
  comenta   0
Ángeles Vázquez insiste en que a administración autonómica non declarará de oficio zonas tensionadas, pero "non vai ir en contra da lei". Dende o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, sobre a problemática para acceder a unha vivenda, apostan por dar "facilidades e seguridade xurídica aos propietarios" para que poñan as súas vivendas no mercado. "As administracións non crean vivenda pública e preténdese que sexan os pequenos propietarios, os maioritarios, os que solucionen o problema", critican.
  comenta   0
A Xunta de Galicia xa avanzou que non declararía de oficio zonas tensionadas e cre que a norma "desincentiva aos propietarios".
  comenta   0
Representantes de 16 asociacións de escritores e escritoras de todo o Estado e en distintas linguas participarán este venres e sábado, días 15 e 16 de marzo, nunha conferencia en Soria, na que constituirán unha plataforma para canalizar as súas demandas ás administracións públicas.
  comenta   0
María García namorouse deste oficio cando comezou a ir co seu pai ao mar. Quince anos estivo combinando o ser educadora infantil polas tardes con saír a rastrexar pola mañá. A pesares de que a súa profesión segue monopolizada por homes, di que "sempre me axudaron moito en todo o que necesitei e nunca me sentín discriminada". O Galicia Confidencial achégavos a historia desta muller loitadora.
  comenta   0
"Soltoumo así e aí foi cando caín na conta de que ía ter un verdadeiro problema para atopar traballo", confesa Esther, que asegura que mesmo cando dende unha empresa de Ourense lle deron a oportunidade, "non podía crelo" e, antes de viaxar, "insistíalles en que era muller", coma se lle quedase ese trauma da primeira entrevista. Galicia Confidencial continúa contando historias de mulleres valentes que deron o paso saltando os estereotipos sociais e os roles de xénero.
  comenta   1
O Galicia Confidencial segue coa serie de entrevistas con motivo do Día da Muller. Desta volta é con María de los Ángeles González, ex presidenta da Asociación de Transportistas do Parking de Verín (Atraparve), que asegura que, dende que ela empezou na profesión, no 2006, "non houbo moito cambio, todo está igual". "En Francia si vías que había bastantes francesas camioneiras, e mesmo portuguesas, pero en España hai moi poucas", conta a Galicia Confidencial.
  comenta   0