As CCAA do PP non queren fixar un límite aos prezos disparados do aluguer

A Xunta de Galicia xa avanzou que non declararía de oficio zonas tensionadas e cre que a norma "desincentiva aos propietarios".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 15/03/2024 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

As comunidades autónomas gobernadas polo PP non aplicarán o índice de prezos de aluguer, que este mesmo venres arrinca coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), xa que consideran que reduce a oferta de inmobles, fomenta a economía mergullada e supón un "suicidio inmobiliario".

Nun comunicado, os 'populares' auguran un "estrepitoso fracaso" ao índice de prezos de alugueres, dado que ningunha comunidade autónoma, salvo Cataluña, puxo en marcha a iniciativa nin informou formalmente as súas "zonas tensionadas" para a súa aplicación. Con todo, en Galicia varios concellos xa lle pediron á Xunta que declare algunhas zonas como tensionadas.

A vicesecretaria de Desenvolvemento Sustentable do PP, Paloma Martín, afirmou que aplicar este índice é un "suicidio inmobiliario", porque desestabilizaría aínda máis o mercado, reduciría a oferta e fomentaría a economía mergullada. "Erro tras erro", engadiu.

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

GALICIA

En Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lamenta que sexa unha medida deseñada "sen a debida consulta e escoita ás comunidades", ademais de "repetir o erro cometido coa Lei estatal de vivenda na que se inclúe este índice". Ademais, o departamento di que "chega nove meses despois da aprobación da lei" o que, en opinión de Vivenda, "mostra a falta de planificación do Goberno central".

"A Xunta deixou claro desde o principio que non vai declarar de oficio zonas tensionadas en Galicia porque fixan obrigacións que contribúen a desincentivar aos propietarios e mesmo a reducir a oferta e xa fracasaron noutros países e cidades europeas", expón.

Vázquez reprochou ao Goberno dar "pasos en falso" co tope ao aluguer en mercado tensionado, ao ser cuestionada, nun acto no polígono de Morás, en Arteixo, sobre a publicación do citado índice de prezos. "Un auténtico fracaso", dixo sobre o mesmo ao reiterar o posicionamento en contra da Xunta á lei de vivenda promovida polo Executivo central. Con todo, lembrou que a Administración galega convocará aos municipios a unha reunión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta