Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 13:19
Un aparellador acusado de prestar falso testemuño cando declaraba como perito nun xuízo relacionado cunha obra dun ascensor alegou descoñecemento da normativa que contempla que o elevador non cumpre as medidas para ser apto para usuarios en cadeira de rodas.
"Eu non coñezo esa normativa", declarou durante o xuízo celebrado este xoves na Audiencia Provincial da Coruña. "Eu se que se están usando ascensores con estas medidas e entran algún tipo de cadeiras de rodas, non todas", argumentou.
Pola súa banda, un perito sostivo que debido "ás dimensións da cabina e a tipoloxía do ascensor escollido, de dobre entrada", o citado elevador "é para persoas de mobilidade reducida pero non para unha persoa en cadeira de rodas porque non é capaz de valerse por si mesma".
FEITOS
Segundo o escrito fiscal, os feitos remóntanse a setembro de 2020, cando o home, en calidade de perita-testemuña, compareceu no marco dun xuízo contra unha comunidade de veciños por unhas obras de instalacion do ascensor.
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor permitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida.
Con todo, engade Fiscalía, esta declaración contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municipal, realizado unhas semanas antes, onde apuntaba que este ascensor non serviría para cadeiras de rodas, aínda que "si facilitaría o acceso aos pisos de persoas con diversas limitacións de mobilidade".
O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de falso testemuño, polo que pide para o procesado 15 meses de prisión e inhabilitación para a súa profesión ou oficio durante 10 anos, así como 1.500 euros de multa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.