A médica forense experta en psiquiatría que elaborou, xunto a outros dous facultativos, o informe psicolóxico do home acusado de asasinar á súa parella no barrio coruñés do Birloque, en setembro de 2021 tras querer ela romper a relación, cunha convivencia previa desde xullo, ratificou que "non presenta ningún tipo de patoloxía nin grave nin moderada".
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.
  comenta   0
Segundo María de Pazo, as familias están pendentes da finalización da instrución xudicial unha vez que se coñezan as conclusións das peritaxes feitas no pecio. As propias familias enviaron tamén o seu perito de parte e agora esperan a apertura do xuízo oral logo de que a Audiencia Nacional recolla todos os datos e faga as correspondentes análises e chegue ás pertinentes conclusións.
  comenta   0
Lotarías do Estado non foi transparente coa custodia do boleto premiado na Coruña no 2013 con 4,7 millóns de euros, o que deu lugar a moitas dudas que a Policía Nacional tivo que ir sorteando para poder chegar ao fondo dun asunto que se complicaba a cada momento que pasaba.
  comenta   0
A AN pide explicacións de por que saíu o buque sen a súa autorización. Os familiares, que pedían que partira inmediatamente, critican agora que o fixera sen a autorización da Audiencia Nacional.
  comenta   0
Lembran que o cargo de Adif dixo como perito no xuízo do tren de Valencia que "hai que ser cafre se con constancia dalgún risco non pomos medidas para mitigalo".
  comenta   0
Detectou unha "irregularidade" na localización das balizas previas de todos os sinais avanzados, que están colocadas a 300 metros en lugar da 500.
  comenta   0
Atribúe o accidente a unha "desatención prolongada" que era "impensable" posto que tiña "tempo" para "corrixir" o seu propio erro. Este especialista, que dirixe a empresa Airtren, ten entre os seus clientes á propia Adif.
  comenta   0
O perito proposto por Avogacía do Estado reivindica a seguridade da rede cun documento que empregou Wikipedia entre as súas fontes.
  comenta   1