O TSXG ratifica a condena de pago de multa a un arquitecto técnico por prestar falso testemuño como perito

Os feitos remóntanse a setembro de 2020,

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/10/2024 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado contra a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou ao pago dunha multa de 2.160 euros a un arquitecto técnico por prestar falso testemuño ao declarar como perito nun xuízo.

Os feitos remóntanse a setembro de 2020, cando o home, en calidade de perito-testemuña, compareceu no marco dun xuízo contra unha comunidade de veciños por unhas obras de instalacion do ascensor, na Coruña.

O acusado asinaba un informe pericial que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida.

Con todo, esta declaración contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municipal, realizado unhas semanas antes, onde apuntaba que este ascensor non serviría para cadeiras de rodas, aínda que "si facilitaría o acceso aos pisos de persoas con diversas limitacións de mobilidade".

O Ministerio Público consideraba os feitos constitutivos dun delito de falso testemuño, polo que pedía para o procesado 15 meses de prisión, aínda que finalmente foi condenado ao pago dunha multa, ratificada agora polo alto tribunal galego, que non ve erro de valoración da proba ante o recurso do condenado.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta