A nova reforma destina un fondo específico para financiar produtos e servizos accesibles, impulsando a inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos sociais e culturais.
  comenta   0
O Ministerio de Inclusión activa unha liña gratuíta e nacional para facilitar información sobre o IMV e axuda á infancia.
  comenta   0
O obxectivo principal é potenciar a súa participación social, así como fomentar a súa autodeterminación para defender os seus dereitos, como llo fixeron saber á Valedora do Pobo.
  comenta   0
A Xunta conta actualmente con 7.043.671 páxinas preservadas procedentes de 268.224 obxectos dixitais, entendendo por obxectos desde números de prensa, ata documentos de foros medievais, mapas da idade moderna ou postais do século XIX, compostos moitos deles por varias páxinas.
  comenta   0
Tras criticar que o gasto en receitas de farmacia segue sendo "moi elevado", censuraron que "se perpetúa a precariedade" da sanidade pública, un servizo "necesario para facer fronte a novas epidemias", e non se aposta por áreas como a protección e promoción da saúde.
  comenta   0
Baixo o lema 'Teletransporte contra a discriminación', o obxectivo principal da campaña é esixir que "ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade".
Segundo informou a Xunta, esta formación enmárcase no Plan de cirurxía menor para o ámbito da atención primaria que impulsa a Consellería de Sanidade.
  comenta   0
Os socialistas apuntan a un "déficit de información" a usuarias do sistema público de saúde e unha "excesiva derivación" de casos a centros privados.
  comenta   0
En concreto, neste 2024, a Xunta destina máis de 43.000 euros para a realización de diversas actividades dirixidas ás persoas con TEA, ademais da mellora da accesibilidade cognitiva mediante a colocación de sinalización nos centros sanitarios.
  comenta   0
Para os estudantes, unha avaliación que se base nos mesmos criterios pero que non teña en conta as diferenzas autonómicas "non mide de maneira obxectiva e veraz as competencias do alumnado".
  comenta   0
O plan de rehabilitación de camiños 2023-2024 pretende mellorar a produtividade agraria e forestal, beneficiando a municipios con procesos parcelarios concluídos.
  comenta   0
O líder de Cogami recibe o apoio unánime na Asemblea Xeral de Cocemfe e promete unha xestión incansable baseada no diálogo e a defensa dos dereitos.
  comenta   0
O Parlamento de Galicia deu luz verde este xoves na Comisión de Sanidade á proposición non de lei do grupo popular para instar á Xunta a aprobar en 2024 un plan de cirurxía menor en atención primaria.
  comenta   0
Clara Blanco, de 19 anos e cunha discapacidade recoñecida do 68 % así como con mobilidade reducida, conta ao GC como o seu maior soño se viu truncado pola mala organización: "É aberrante que relacionen unicamente as dificultades motoras co uso de cadeira de rodas".
  comenta   0
O aparellador asinaba un informe pericial, no que se reafirmou na vista, que apuntaba que as obras de instalación do ascensor premitirían o acceso a usuarios con cadeira de rodas e melloraría as condicións de accesibilidade do inmoble para persoas con mobilidade reducida. Contradicíase co afirmado por el mesmo para o trámite de solicitude de licenza municial realizado semanas antes.
  comenta   0
O Ministerio de Sanidade publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación da 'Guía para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das enfermeiras'.
  comenta   0
A Mesa do Congreso convocou este martes un concurso para a adxudicación dun contrato de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais nos diferentes espazos da Cámara.
  comenta   0
Esta edición, que contará coa proxección de 70 pezas, homenaxeará a Dorothé Schubarth e haberá películas con subtítulos específico para persoas xordas.
  comenta   0
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) presentou este luns un documento con 79 propostas englobadas en 10 grandes demandas e catro principios de actuación para propor aos partidos políticos, de face ás eleccións do 18 de febreiro e a nova lexislatura, accións que permitan "seguir xerando un escudo de protección" contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.
  comenta   0
Propón impulsar unha normativa educativa para atender á diversidade, incluír cláusulas sociais na contratación pública e crear unha lei reguladora da autonomía persoal.
  comenta   0