A Xunta incorpora nunha aplicación para móbiles o título de familia numerosa

E suma máis de 6.000 descargas nun mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O Executivo galego incorporou na aplicación para móbiles, 'XuntaEu', o título de familia numerosa e suma máis de 6.000 descargas nun mes. Segundo detallou a Xunta, esta ferramenta concentra o acceso á información e servizos dixitais que xa estaban dispoñibles en diferentes canles en Internet.

Os cambios están dirixidos a incrementar o seu uso e accesibilidade e para iso reorganizaron os servizos en trono ao 'Cartafol Cidadá', na que se inclúe toda a información personalizada do usuario, e baixo o epígrafe 'Utilidades', desde onde poden acceden aos avisos xerais dos diferentes servizos e á verificación de documentos.

Ademais, na plataforma pódese acceder ao titulo de familia número, que ten dispoñibles 10 cartóns, carnés e certificados emitidos polo Executivo galego, que poden ser validados por terceiros directamente desde o dispositivo mediante un código QR.

Desta forma, permite o acceso ao 'Carné Xove', ao carné profesional en instalacións térmicas de edificios, ao carné profesional de operador de guindastre torre, ao de operador de guindastre móbil autopropulsado categoría A e ao carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado categoría B.

A aplicación tamén permite acceder ao certificado de grao de discapacidade e ás licenzas de pesca marítima de recreo en superficie, de pesca marítima de recreo submarina e de pesca marítima de recreo en embarcacións.

XuntaEU
XuntaEU | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta