Persoas con dano cerebral adquirido demandan a creación dunha Comisión Permanente de Discapacidade

O obxectivo principal é potenciar a súa participación social, así como fomentar a súa autodeterminación para defender os seus dereitos, como llo fixeron saber á Valedora do Pobo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2024 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Rede de Cidadanía Activa de Persoas con Dano Cerebral Adquirido reuniuse este luns coa Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño, para reclamar a creación dunha Comisión Permanente de Discapacidade no Parlamento e máis recursos de atención especializada, entre outras reivindicacións baseadas nas súas experiencias cotiás con esta discapacidade.

O obxectivo principal deste grupo de traballo é potenciar a súa participación social, así como fomentar a súa autodeterminación para defender os seus dereitos. Deste xeito, recompilou unha lista con nove demandas concretas dirixidas á Valedora que se organizan nas mesmas áreas que o decálogo presentado en xuño pola federación. Deste xeito, a Rede de Cidadanía Activa traballou sobre esta listaxe para "achegala á súa experiencia directa", con testemuños que "certifican a importancia das reivindicacións estratéxicas das asociacións".

DEMANDAS CONCRETAS

Segundo expuxo tras a reunión a portavoz da Rede, Sonia Estévez, as demandas contemplan a creación desa Comisión Permanente de Discapacidade no Parlamento na que as persoas con dano cerebral queren ser asesoras, que a discapacidade se considere "transversal" en todas as normas e que se utilice a terminoloxía "acertada".

A mellora do financiamento dos servizos de atención é outra das reivindicacións, xa que lles preocupa que non haxa "máis e mellores" servizos de información e orientación, sobre todo para os primeiros momentos do dano cerebral adquirido. Así como promover a vida independente, que se garanta a accesibilidade universal ou que se falicite o acceso ao emprego e ás axudas públicas.

Nesta liña, a portavoz puxo o foco na inserción laboral e na necesidade de que se facilite a linguaxe das ofertas de emprego ou que se promocione o talento das persoas con dano cerebral adquirido, ademais de reclamar maior coordinación do Servizo Público de Emprego Estatal coas asociacións. Con todo, tamén se referiu á capacitación dos profesionais, para iso, propón talleres de capacitación para empregados dos servizos públicos de emprego, así como doutros servizos.

Persoas con dano cerebral adquirido piden á Valedora do Pobo a creación dunha Comisión Permanente de Discapacidade
Persoas con dano cerebral adquirido piden á Valedora do Pobo a creación dunha Comisión Permanente de Discapacidade | Fonte: DANO CEREBRAL GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta