A Valedora do Pobo confirmoulle a Comisións Obreiras de Galicia a admisión a trámite da súa denuncia sobre a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) por parte do Sergas. Así o informou o sindicato nun comunicado, no que a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, tachou de "intolerable" que a Xunta "xustifique a medida nunha suposta falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle cambios nas súas políticas para "garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".