A Valedora volve pedir información á Xunta sobre "recortes" nun centro de Brión ante a falta de resposta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo reiterou á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a súa petición de información sobre os "recortes de profesorado" no CEIP de Pedrouzos de Brión, denunciados por unha ANPA, ante a falta de resposta da Administración.

En concreto, a dirección da ANPA Andaravía dirixiuse á Valedora alegando que a Consellería "non cumpre a normativa de comedores", nin "o acordo de cocientes" asinado en outubro de 2023, nin "o deber de atender adecuadamente" aos alumnos con necesidades especiais.

A queixa ante a institución que dirixe María Dolores Fernández Galiño foi rexistrada o pasado 6 de setembro e admitida a trámite o día 17, data en que se lle outorgou á Consellaría un prazo de 15 días para remitirlle "información sobre os problemas que motivan a súa queixa".

Agora, nun novo escrito datado a 18 de outubro, a Valedora (en funcións) confirma que aínda non recibiu da Xunta o informe requirido e que, por tanto, requírello "novamente" lembrando que é "unha obrigación legal".

Sede do Valedor do Pobo / EUROPA PRESS - Arquivo  / Europa Press
Sede do Valedor do Pobo / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta