A Valedora do Pobo admite que o sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero "fallou"

As queixas recibidas pola institución xa superan as cifras recibidas en decembro de 2019

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, sinalou que o sistema de VioGén "moitas veces" pódese perfeccionar e que cando se producen delitos de violencia de xénero hai algo no que o sistema "fallou".

Así o declarou nunha entrevista na cadea Ser recollida por Europa Press, na que remarcou que mentres haxa mulleres vítimas de violencia de xénero "evidentemente queda moito por facer".

Aproximadamente, detallou, o 40% das mulleres asasinadas tiñan interposto denuncia e unha "porcentaxe significativa" contaba con medidas de protección en vigor. O pasado ano por mor de dous asasinatos iniciaron unha investigación para saber que pasa coas mulleres asasinadas cando non teñen unha relación de afectividade co agresor.

"Este tipo mortes non computan cando se daban as estatísticas de morte por violencia de xénero cando se dicía que o ano pasado foron asasinadas 49 mulleres, non estaban incluídas", lamentou. A Valedora lembrou que este ano se publicou por primeira vez o resultado deses asasinatos durante o ano 2022 e foron 34 mulleres.

Uns feitos que, en palabras da Valedora, hai que visibilizar porque a forma que hai de poder axudar a evitar ese tipo de situacións, en primeiro lugar é coñecelas e visibilizarlas. "Aproximadamente nin un 10% destas mortas tiñan interposta denuncia", aclarou.

QUEIXAS DOS CIDADÁNS

Por outra banda, preguntada sobre o informe presentado no Parlamento, Fernández Galiño puntualizou que actualmente, por un dato provisional, as queixas xa superan as cifras recibidas en decembro do pasado ano.

En Sanidade unha gran parte das queixas son en referencia as listas de espera, o servizo "é universal e as queixas prodúcense ano tras ano". A día de hoxe, no ámbito da dependencia, o que trasladan os galegos son "atrasos" no procedemento que fai que se demore o acceso á prestación.

A Valedora, puntualizou que, en referencia ás diferentes administracións, "non chegou" ás máximas posibilidades que ten a institución en requirir a colaboración coa administración. Finalmente, alertou dos problemas que pode traer a intelixencia artificial, sobre todo no ámbito da protección da intimidade.

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente
A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta