Por admin | Compostela | 01/06/2024
Olalla Castro
A situación que sufrimos as familias foi, baixo calquera punto de vista, denigrante. Nuns centros había que facer cola dende a madrugada, noutros enviar un email a partir das 12 da noite e noutros pagar 100€ de reserva. Deuse o caso que que nalgunha había prazas é de repente, o día que abriu o prazo, xa só quedaba 1 praza para o grupo de 1-2 anos. A isto hai que engadir que todas abriron prazo antes de que saíra a Resolución oficial
2- Se se benefician de diñeiro público non pode ser que entre o primeiro que chegue sen ter en conta as condicións familiares e laborais
Se as "Concertadas" reciben fondos públicos, é imprescindible que a asignación de prazas non se realice simplemente por orde de chegada. Deberían considerarse as condicións familiares e laborais das familias solicitantes, garantindo así un acceso equitativo e xusto para todas as familias.
Sen praza nunha escola, as familias nas que traballan todas as persoas integrantes teñen que recorrer a permisos de conciliación que non cobren todas as necesidades e que nos penalizan
economicamente. Aínda que se puidera dispoñer dos recursos para pagar un centro privado non hai prazas, xa que todas se acollen á gratuidade, pero sen ter en conta a situación familiar.
3- Mesmo período de admisión que na pública e respectando o baremo das escolas públicas para o acceso
Os períodos de admisión nas "Concertadas" deberían coincidir cos das escolas públicas. Ademais, a orde de admisión debe respectar criterios claros e transparentes, priorizando aqueles casos que realmente o precisan. Tamén nas concertadas admiten reservas
de crianzas non nadas, cando nas públicas é imposible.
4- Moita dificultade, ou imposibilidade de atopar praza incluso nas privadas
Finalmente, sinalo que a dificultade para atopar prazas é elevada, incluso nas opcións privadas. Esta situación xera unha problemática considerable para moitas familias que precisan destes servizos educativos.
5- Se se aplica a gratuidade nas escolas infantís a administración ten que asegurar que haxa prazas para todo o que as solicite
Solicitamos que se creen as aulas necesarias nas escolas públicas para poder ter unha conciliación real e efectiva.
Por todo isto, solicitamos a administración que tome as medidas necesarias para resolver estas cuestións, garantindo así unha xestión máis equitativa e xusta das prazas nas concertadas. Por iso facemos esta queixa e queremos que todas as persoas que se estean na mesma situación, o fagan saber a concellería de política social, a valedora do pobo e ao seu concello. Somos moitas famílias que estamos na mesma situación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.