Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2024 | Actualizada ás 16:47
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, realizaron este venres un percorrido en cadeira de rodas por Santiago para ter "unha visión máis certeira" das barreiras arquitectónicas do "día a día" e para reafirmar "o compromiso" da Xunta coa accesibilidade.
Así o manifestaron tras participar nunhas xornadas técnicas de mobilidade organizadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), tras as que ambos se reuniron co presidente da entidade, Anxo Queiruga, para abordar as políticas autonómicas en accesibilidade.
Así, a conselleira agradeceu e destacou o labor de Cogami en canto a asesoramentos, peritaxes e seguimentos nos procesos de construción, rehabilitación e melloras viarias. Neste contexto, Martínez Allegue referiuse a as sendas peonís que a Xunta desenvolve nas marxes das estradas autonómicas para facilitar desprazamentos seguros, especialmente dos usuarios máis vulnerables. Ademais, a Consellería ten en marcha obras para mellorar a accesibilidade e acondicionar 1.000 paradas de autobús.
No que respecta a vivendas, a Xunta concedeu entre 2022 e 2024 uns 18,5 millóns de euros en axudas para obras de accesibilidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.