Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2024 | Actualizada ás 10:55
A Xunta porá en marcha unha liña directa de autobús con catro servizos especiais para facilitar os desprazamentos ao certame Equiocio 2024 de Ferrol, "co obxectivo de facilitar a accesibilidade e fomentar o uso de transporte público". Este evento, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto, prevé unha asistencia de miles de visitantes interesados no mundo da hípica.
Concretamente, os novos servizos serán dous de ida e dúas de volta cada día. Os servizos de ida partirán de Praza de Galicia ás 10,00 e 15,30 horas, chegando á Canteira ás 10,30 e 16,00 horas, respectivamente. Pola súa banda, os servizos de volta sairán de Pedreira ás 16,00 e 21,00 horas, con chegada prevista á Praza de Galicia ás 16,30 e 21,30 horas.
Esta actuación di a Xunta nun comunicado, responde a que "quere dar resposta ás necesidades de mobilidade dos asistentes ao Equiocio Ferrol 2024, á vez que se contribúe á redución do tráfico nas estradas, favorecendo un transporte máis seguro e sustentable". A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.