Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2024 | Actualizada ás 16:39
O Goberno do Estado incluíu a Galicia no Proxecto Viena, o que permitirá construír 301 vivendas de promoción autonómica en catro chans da Saber situados nos concellos de Ribeira, Cangas e Lugo. Así o confirmou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nun comunicado remitido aos medios, no que celebra que o Executivo estatal "rectificase" e incluíse, finalmente, a Galicia nesta iniciativa. Segundo indicou, a inclusión de Galicia neste programa foi unha das reclamacións que a conselleira realizou á ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, na reunión mantida en Madrid o pasado 8 de maio, e posteriormente reiterada por carta.
Os chans propiedade da Sareb nos que se incluirán as vivendas sitúanse nos concellos de Ribeira (concretamente na avenida da Coruña); Cangas (na avenida de Ourense) e Lugo (con chans na Rúa Orquídea e na rúa de Os Paxariños). A través do Programa Viena, a Sareb pon chan a disposición dos promotores para que constrúan vivendas para aluguer que, pasado o prazo de concesión, pasarán a mans dos concellos ou das comunidades autónomas ás que a Sareb tranfiera a actuación antes da extinción da sociedade.
Martínez Allegue remitiu este venres unha nova carta á ministra, na que sinala que a Xunta seguirá reclamando a cesión gratuíta das vivendas propiedade da Sareb en Galicia, "co obxectivo de poder destinalas a aluguer social", como foi ratificado polo Parlamento galego a través do proposicións non de lei aprobadas en comisión.
Así mesmo, a conselleira volveu a mostrar á titular de Vivenda a disposición do Goberno galego para "coñecer ou avanzar en posibles ampliacións de chans finalistas libres de propiedade da Sareb en Galicia nas próximas fases do Proxecto Viena".
Allegue reiterou a capacidade de xestión e de cumprimento cos compromisos adquiridos da Xunta, "non en balde, Galicia foi das primeiras comunidades autónomas en asinar convenios de colaboración coa Sareb" e sinalou a vontade de seguir profundando nesta colaboración que "permitirá seguir incrementando o parque público de vivenda", ofrecendo vivenda pública accesible aos diferentes colectivos que a demandan.
UN TOTAL DE 1,5 MILLÓNS PARA REHABILITACIÓN
Por outra banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou este venres no Concello da Peroxa, en Ourense, no acto de entrega de seis vivendas adxudicadas en aluguer social que foran recuperadas con estas achegas da Xunta. Ademais, estado presente o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Estas seis vivendas sitúanse en catro inmobles nos núcleos da Peroxa e Vilarrubín que antigamente eran casas de mestres (unha delas tamén foi sede de Cruz Vermella) e foron rehabilitados polo Concello coa colaboración da Xunta, que achegou máis de 231.000 euros. As vivendas contan entre 1 e 3 dormitorios e os seus beneficiarios son persoas e unidades familiares que carecían de vivenda en propiedade e abonarán entre 150 e 250 euros por estes alugueres.
Noutro comunciado, o departamento autonómico ha destacaod que as axudas á rehabilitación de vivendas de titularidade municipal que promove a Xunta teñen como obxectivo seguir incrementando o parque residencial á disposición dos colectivos máis vulnerables con alugueres a prezos accesibles e inclúen dous programas.
O primeiro consiste en axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal que xa non están en uso, como poden ser as antigas casas dos mestres, e destinalas a aluguer social. A Xunta subvenciona ata o 95% do custo da actuación con incentivos que van dos 50.000 euros aos 57.000 euros, dependendo de se se trata dun conxunto histórico, atópase no Camiño de Santiago ou nunha Área Rexurbe.
O segundo programa é o de infravivenda, dirixido a municipios de menos de 10.000 habitantes, onde as achegas poden tamén cubrir ata o 95% das obras (cun límite de 15.000 euros) destinadas a rehabilitar elementos exteriores, mellorar as condicións estruturais, a seguridade ou a accesibilidade dos inmobles ou garantir a habitabilidade.
A Administración autonómica destinou preto de 10 millóns a apoiar a máis dun cento de concellos galegos na recuperación de 352 vivendas, das que 200 foron froito da rehabilitación de inmobles municipais que estaban en desuso, e os 152 restantes eran vivendas localizadas en contornas rurais, cuxo estado de conservación facía necesaria unha intervención, parcial ou total, para garantir a súa habitabilidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.