Manteñen o fallo que condena a un profesor pontevedrés por bicar a unha alumna na boca sen consentimento

A Audiencia de Pontevedra repite o mesmo fallo que fora anulado polo TSXG.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/03/2024 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra volveu emitir o mesmo fallo no que condenara a un profesor de matemáticas dunha academia por bicar de forma continuada a unha alumna de 15 anos, á vez que volve absolvelo dunha agresión a outra estudante. E é que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a primeira sentenza, emitida en setembro de 2023, por "ausencia de valoración da proba" en relación coa absolución por agresión sexual a unha das súas alumnas. Agora a Audiencia de Pontevedra emitiu nova sentenza, aínda que mantén o fallo. Cabe presentar recurso ante o alto tribunal galego.

No caso da absolución, os feitos remóntanse ao período entre 2012 e 2015. A Sala ve "pouco precisa" a declaración da estudante, á vez de que considera que os feitos que expón a acusación non se atopan "corroborados por outros datos verdadeiramente obxectivos que a doten de coherencia externa". Ademais, a Audiencia de Pontevedra indica que non se pode saber se os feitos que describe producíronse antes ou despois de cumprir 16 anos, pois a suposta vítima non lembra con exactitude o período. Así, apunta ao "principio 'pro reo' que lle impide presumir "elementos constitutivos do delito obxecto de acusación".

CONDENA

No caso condenatorio, as maxistradas consideran probado na sentenza que o acusado lle enviou á vítima mensaxes de WhatsApp, incluíndo 'stickers' de contido sexual. En setembro de 2019, segundo o fallo, esperouna cunha gominola na boca, á saída do ascensor da academia, "dándolle un bico na boca, sen contar co seu consentimento".

As xuízas aseguran que, noutra ocasión, presentouse no domicilio da menor, ofreceulle un café e uns doces, agarrouna polos ombreiros e, sen contar co seu consentimento, bicouna na boca. A Sala tamén relata que, en novembro de 2019, aproveitando que quedou a soas coa vítima na academia, suxeitoulle a cara e deulle, sen que ela o consentise, dous bicos na boca. E, noutra ocasión, cando o acusado baixaba no ascensor con ela, "suxeitouna contra a parede, e, en contra da súa vontade, bicouna na boca". Outro día, aproveitou de novo que estaban sós na academia para entrar na aula onde estaba a vítima e, sorpresivamente, bicala na boca, tamén sen o seu consentimento.

Ademais, inhabilitouno para o exercicio da profesión de profesor durante dous anos e impúxolle a prohibición de aproximarse á vítima, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante tres anos. O tribunal tamén o inhabilitou para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que leve contacto regular e directo con persoas menores durante sete anos.

Xulgado de Instrución número 2 de Tui
Xulgado de Instrución número 2 de Tui | Fonte: FÁTIMA SOUTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta