Por Galicia Confidencial | Allariz | 06/07/2024 | Actualizada ás 10:30
O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende hai varios anos o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros/as profesionais galegos/as convidados/as.
Con motivo deste evento, que terá lugar o 8 de setembro, a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles/as artesáns/ás cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.
O prazo de inscrición comeza este martes 2 de xullo e estará aberto ata o 2 de agosto.
A inscrición debe formalizarse a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello (https://allariz.sedelectronica.gal/info.0) ou nas dependencias municipais no rexistro.
As persoas organizadoras do evento serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.