Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/04/2025 | Actualizada ás 17:26
O Servizo de Gardacostas de Galicia, en colaboración coa Garda Civil, interceptou na costa de Oia un barco con bandeira portuguesa con case 250 quilos de polbo presuntamente capturado de forma ilegal en pleno paro biolóxico, que comezou o 1 de abril.
En concreto, os feitos ocorreron o pasado mércores. Fontes da Consellería do Mar confirmaron a Europa Press que o buque transportaba máis de 800 cacharros, utensilios prohibidos para a pesca en Galicia.Precisamente este barco foi interceptado cando os pescadores galegos non poden saír a faenar polbo debido a que a especie se atopa en pleno paro biolóxico en Galicia.
A Confraría de Pescadores da Guarda lamentou que este tipo de actividade pesqueira de buques portgueses en augas galegas sen respectar a normativa española leva ocorrendo "moitos anos". "O descanso semanal e horarios que temos que cumprir nós eles non o cumpren e aproveitan para pescar nas nosas augas e cando chegamos ao caladoiro o noso primeiro día laboral xa están calados os seus aparellos", lamentou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.