Murais en directo e obradoiros na edición de verán de Cadernos de Viaxe Ilustrada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada estrea este ano unha 'edición verán', unha versión un pouco máis reducida que en anteriores ocasións e que se iniciará este venres con murais en directo

Unhas das presenzas destacadas desta edición verán do Compostela Ilustrada, dirixida por Maru Godás, é a da recoñecida ilustradora valenciana María Ferreiros, coautora, xunto a Máximo Huerta, dos libros 'Viva a Dolce Vita' e 'Paris será toujours París'. A artista realizará un mural en directo no Museo das Peregrinacións, impartirá unha conferencia sobre o seu traballo e dará un taller de retrato.

Pola súa banda, Catalina Rodríguez chegará desde Asturias para ofrecer un obradeiro de como ilustrar ioga e para falar do seu último proxecto sobre os camiños, mentres que Luís Ruiz Padrón, desde Málaga, ensinará a debuxar grandes arquitecturas, presentará os seus libros e contará o seu traballo no xornalismo ilustrado.

Así mesmo, a ourensá MeliMolita, gañadora do Premio Compostela Ilustrada do pasado ano, debuxará no Mercado de Abastos, onde haberá unha exposición Pop-up dos traballos de Laurent Corvaisier sobre a praza. O colectivo de Bosquejeros presentará neste encontro a súa experiencia durante a COVID-19 realizando retratos da Residencia Volta do Castro de Santiago.

Mural de Otro Prisma no CEIP Paradai (Lugo)
Mural de Otro Prisma no CEIP Paradai (Lugo) | Fonte: Guido Álvarez Parga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta