Xa son 12 os casos nun centro de Correos en Santiago e 28 os casos positivos en Santa Comba

Profesionais de enfermaría irán a unha empresa da Pobra do Caramiñal para facer probas a todo o persoal logo de tres casos positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia


O brote rexistrado no Centro Postal de Tratamento Autorizado de Correos en Lavacolla, en Santiago de Compostela, elévase a 12 casos positivos en coronavirus; mentres que os contagios vinculados a outro brote en Santa Comba xa ascenden a 28.

Na xornada do luns catro profesionais de enfermaría desprazáronse a este centro de traballo para realizar probas a 86 traballadores ante a aparición de seis positivos e este martes a área Sanitaria de Santiago informou de que os casos se elevan a 12.

Pola súa banda, estas fontes precisaron que o brote familiar de Santa Comba alcanza xa os 28 casos activos con COVID-19, segundo as cifras actualizadas deste martes.


TRES POSITIVOS NUNHA EMPRESA DA POBRA

Ademais, estas fontes detallaron que profesionais de enfermaría acudirán este mércores a unha empresa da Pobra do Caramiñal para facer probas a todo o cadro de persoal, máis de 200 persoas, tras a aparición de tres casos positivos.

Oficina de Correos. CORREOS. JOSE MANUEL DE LAGO PANADEIRO - Arquivo
Oficina de Correos. CORREOS. JOSE MANUEL DE LAGO PANADEIRO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta