Folga estudantil en todo o Estado para pedir un regreso "seguro" ás auñas

Está prevista para os días 16, 17 e 18 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O Sindicato de Estudantes convocou folga en todo o Estado español os días 16, 17 e 18 de setembro en protesta polas condicións coas que se vai a iniciar o próximo curso escolar 2020-2021, marcado pola Covid-19. A secretaria xeral do Sindicato de Estudantes, Coral Latorre, realizou este anuncio ante a porta da sede do Ministerio de Educación en Madrid, ata onde acudiu para apoiar unha iniciativa que recolleu máis de 230.000 firmas para esixir ao departamento que dirixe Isabel Celaá unha "volta segura" dos menores ás aulas españolas.

Latorres explicou aos medios que están "asombrados" polo comportamento da ministra. En concreto, o feito de que "a uns 15 días de iniciar o curso escolar, aínda non tomase nin unha soa medida que garanta unha volta ás aulas segura e digna". Ao seu xuízo, Celaá pasouse "cinco meses de brazos cruzados", mentres familias, docentes e alumnos esperan "desesperados" o incio duns cursos que será "totalmente caótico".

"O único que dixeron que é que hai que levar máscara e iso non é ningunha soución a esta situación" e que "o curso poderá ser semipresencial", lamentou Latorre, antes de esixir a Educación outras medidas que eles mesmos reivindican, como a baixada de cocientes nas aulas, a contratación de 165.000 profesores ou plans de reforzo na impieza dos colexios. Para o sindicator, a necesario sería "un plan unificado" en todo o estado e non "repetir o desastre que supuxeron as clases en liña" do confinamento que "apartaron do sistema a miles de estudantes".

Sen un liderado do Goberno central nesta matria, explica Latorre, profúndase " o fracaso escolar" e permítese á dereita "faga e desfaga ás súas anchas" e "aproveite a situación para profundar na privatización e os recortes na escola pública", como, segundo explicou Latorre aos medios, xa están a ver en Euskadi e a Comunidade de Madrid.

Aulas
Aulas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta