Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/08/2020 | Actualizada ás 18:51
O Sergas informou este venres do diagnóstico de catro novos casos vinculados ao brote de Mariñamansa, en Ourense, que elevan a 13 o total de contagios de COVID-19 detectados.
Os novos diagnósticos positivos corresponden a tres homes de 69, 88 e 57 anos, e a unha muller de 58, xa illados e a seguimento domiciliario polo persoal do Sergas.
De acordo co protocolo, séguese co rastrexo de contactos estreitos e a realización de probas.
Ademais, o Sergas informa de que na tarde deste venres empezou tamén o cribado selectivo de veciños e persoal de establecementos deste barrio de Ourense, na procura activa de asintomáticos, co obxectivo de limitar as posibilidades de contaxio.
Para iso, realizaranse entre 250 e 300 PCR ao longo do fin de semana nun novo punto fixo de recollida de mostras ('CovidAuto') que se puxo en marcha no CHUO (no antigo acceso a Urxencias da Santa María Nai).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.