A Torre de Hércules reabre este mércores logo de non rexistrarse positivos entre os traballadores

Turismo da Coruña informa que Torre de Hércules como as oficinas reabrirán seguindo as exhaustivas medidas sanitarias que había ata agora para facer destas instalacións "un lugar seguro tanto para traballadores como visitantes".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/09/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A Torre de Hércules reabrirá este mércores as súas portas de novo tras confirmarse que todos os traballadores que prestan servizo no faro romano e que estaban pendentes de realizar a proba PCR resultaron negativo.

Así o informa Turismo da Coruña, que tamén precisa que volverán abrir as súas portas as oficinas de atención ao turista "tras saber que os traballadores non están contaxiados pola COVID-19".

Tanto a Torre de Hércules como as oficinas reabrirán seguindo as exhaustivas medidas sanitarias que había ata agora para facer destas instalacións "un lugar seguro tanto para traballadores como visitantes".

Torre de Hércules. EUROPA PRESS/REMITIDO - Arquivo / Europa Press
Torre de Hércules. EUROPA PRESS/REMITIDO - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta