Os contaxios en garderías e centros galegos duplicáronse durante os últimos cinco días

O número de afectados é de case 200. Con estas cifras, o sistema educativo galego mantén pechadas polo menos 53 aulas nestas instalacións, un lixeiro incremento pero en termos similares ás deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A progresión da COVID-19 no sistema educativo experimentou un incremento exponencial en menos dunha semana. Os datos das autoridades sanitarias reflicten este xoves un aumento que supera o dobre dos positivos trasladados o sábado, pasando de 96 contaxios aos 199 que se manteñen en activo na actualidade en centros, institutos e escolas infantís.

Así mesmo, a incidencia do virus sería aínda maior nestas instalacións da reflectida na estatística, posto que estes case douscentos casos non teñen en conta a totalidade de contaxios rexistrados desde o arranque do curso, senón os positivos que seguen en activo na actualidade.

A listaxe facilitada polo Goberno galego confirma novos positivos en polo menos 19 centros e gardarías, pero nas táboas tamén desaparecen outro cinco escolas nas que se detectaron casos: o CPR A Fundación da Coruña, o CPR Ayala en Narón, a escola infantil Pontiñas de Lalín, o EASD Ramon Falcón de Lugo e o CPR Santa María (maristas) de Ourense.

Os novos casos detectáronse nos municipios da Coruña, Cambre, Carballo, Carral, Culleredo, Fene, Santiago, Castroverde, Foz, Lugo, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, A Cañiza, Nigrán e Vigo.

Dous deles rexistráronse no IES Plurilingüe Eusebio da Garda, na Coruña, que arrincou o curso en secundaria e bacharelato este mesmo mércores. Na mesma cidade, detectouse outro contaxio no CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida.

En Cambre, pola súa banda, producíronse contaxios no CEIP Emilio González López e no CEIP Portofaro; en Carballo no CRA Ponte da Pedra; en Carral, no CEIP Vicente Otero Valcárcel; en Culleredo no CPR Plurilingüe Montespiño.

Tamén hai un caso no IES de Fene e outro no CEIP Lamas de Abade de Compostela. Outros positivos déronse no CEIP Plurilingüe de Castroverde, o CEIP Fondo Nois de Foz, o CPR Plurilingüe San José ou o CPR Fingoi, ambos en Lugo, e que neste último obrigou a pechar unha aula.

En Cerdedo-Cotobade, reportouse un positivo no CEIP de Tenorio, e en Pontevedra outros dous no IES A Xunqueira nº1. Finalmente, rexistráronse un contaxio no IES da Cañiza, dous no IES Escolas Proval de Nigrán e un no IES Valmiñor (do mesmo municipio) e un no CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares, que levou ao peche dunha unidade.

MEDIO CENTENAR DE AULAS AFECTADAS

Con estas cifras, o sistema educativo galego mantén pechadas polo menos 53 aulas nestas instalacións, un lixeiro incremento pero en termos similares ás deste mércores.

Os centros con maiores casos son o CPR Calasancio de Pontevedra, con seis contaxios e dúas unidades pechadas, e o CPR María Auxiliadora de Vigo, que mantén activos catro casos e unha aula clausurada.

A área da Coruña mantense, ademais, co maior número de positivos (40), seguida de Pontevedra (37), Santiago (36) e Vigo con 36 e o maior número de aulas pechadas (20). Pola súa banda, Lugo conta con 25 positivos, Ourense con 21 e Ferrol con seis.

Alumnos do colexio SEK Ciudalcampo, en San Sebastián de los Reyes, Madrid (España). Eduardo Parra - Europa Press
Alumnos do colexio SEK Ciudalcampo, en San Sebastián de los Reyes, Madrid (España). Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta