Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/09/2020 | Actualizada ás 11:14
Os bombeiros tiveron que excarcerar a un condutor que este venres sufriu un accidente en Moraña e quedou atrapado no coche que conducía.
Ocorreu sobre as 22,45 horas da noite, cando os servizos sanitarios do 061 comunicaban ao 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba ao lugar de O Souto para asistir a unha persoa que sufrira un sinistro na estrada de Cuntis, á altura de O Ceralleiro. Ademais, indicaban que serían necesarios medios de excarceración.
Con estes datos, o 112 informou os bombeiros do Salnés e aos membros do GES e de Protección Civil da Estrada. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cuntis.
Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración do condutor do vehículo e o seu traslado ata o centro hospitalario de referencia polo persoal sanitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.