Bota a andar, por fin, a recuperación de parte do Parque do Pasatempo de Betanzos

A Deputación da Coruña e o concello asinan o convenio para a rehabilitación. Piden á Xunta que tamén se implique.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/10/2020 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos subscribiron o convenio polo que se acometerá un investimento de 525.000 euros para comezar a restauración do parque enciclopédico do Pasatempo, na localidade brigantina. Unha actuación que leva anos adiandose e que ten sumido no máis absoluto abandono ao que foi o primeiro gran parque de atraccións de Europa.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o vicepresidente, Xosé Regueira, asinaron, na sede da institución provincial, o convenio para o financiamento da primeira fase dos traballos.

Esta actuación permitirá recuperar os case 700 metros cadrados da zona do estanque do retiro cun investimento de 525.000 euros, dos que 419.944 serán achegados pola institución provincial e 104.986 polo Concello de Betanzos.

PETICIÓN Á XUNTA

Formoso, Barral e Regueira expresaron a súa satisfacción por un acordo que permitirá comezar as tarefas de recuperación dun ben patrimonial e insistiron en demandar o apoio da Xunta de Galicia para acometer a rehabilitación integral do espazo, declarado Ben de Interese Cultural o pasado mes de febreiro.

Os fondos empregaranse para a recuperación dos elementos máis deteriorados do parque debido a súa antigüidade e para o efecto da auga: o estanque do retiro e o seu fornelo. As obras incluirán a recuperación de todos os elementos escultóricos, pictóricos e arquitectónicos desta área e estenderanse ao longo dun ano e medio "debido á complexidade dos mesmos", segundo a Deputación.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e o vicepresidente, Xosé Regueira, asinan, xunto á alcaldesa de Betanzos, María Barral, o convenio de rehabilitación do Pasatempo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e o vicepresidente, Xosé Regueira, asinan, xunto á alcaldesa de Betanzos, María Barral, o convenio de rehabilitación do Pasatempo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta