Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/10/2020 | Actualizada ás 17:05
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou que "a estabilidade de Galicia e as políticas de emprego que desenvolve a Xunta permitiron crear emprego", tras coñecerse os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Respecto diso, asegura que "a máxima prioridade do Goberno galego segue sendo impulsar a economía e crear traballo", no actual contexto de crise pola pandemia de coronavirus.
Lado sinalou que a EPA reflicte que Galicia, a pesar da covid-19, logrou crear "traballo de calidade", xa que os empregados con contrato indefinido "creceron na evolución anual e trimestral" e na actualidade "tres de cada catro ocupados galegos son indefinidos".
Con respecto ao segundo trimestre, valora que os fogares con todos os seus membros activos ocupados aumentaron en 2.800 e descenderon os que teñen todos os activos en paro en 3.900.
Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegura que Galicia crea emprego "de calidade" na "era da covid-19", o que ve "unha heroicidade".
Os populares afirman que non caerán "nunca" na "autocompracencia", mentres "miles de galegos teñan necesidades que o mercado laboral non pode satisfacer".
Con todo, valora que o plan de reactivación económica da Xunta "empeza a dar froitos" e confróntao con que o Goberno central "non fai o suficiente para evitar a sangría de postos de traballo".
Ademais, en relación co proxecto de orzamentos xerais do estado, advirte de que "non é o momento de aumentar a presión fiscal ás empresas, senón de contar cun orzamento máis social e equilibrado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.