Persoal da CH Miño-Sil reclama a Tragsa aplicar incrementos salariais do convenio do metal

"O problema xurdiu en Lugo, ante a negativa de Tragsa a asumir o incremento salarial pactado no convenio, que supón unha subida do 2,65% para este ano" engadiu a CIG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2025 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Persoal de mantemento da rede do sistema automático de información hidrolóxica da Confederación Hidrográfica Miño-Sil anunciou o inicio de mobilizacións para esixir á empresa pública Tragsa, que asumiu o servizo, que aplique os incrementos do convenio do metal para este ano.

Nun comunicado, a CIG explicou que foi o outubro pasado cando a firma se fixo co servizo, subrogando o persoal (8 persoas no centro de traballo de Lugo e 6 no de Ourense).

"O problema xurdiu en Lugo, ante a negativa de Tragsa a asumir o incremento salarial pactado no convenio, que supón unha subida do 2,65% para este ano. En Ourense está a negociarse o incremento neste momento, polo que aínda non hai incremento pactado, pero o persoal é consciente de que se vai a reproducir a negativa da empresa", engadiu a organización sindical.

Por iso, prevén iniciar mobilizacións nos próximos días, que irán en aumento ata a convocatoria de folga de ser necesario, engadiron.

Traballos no río Limia. CHMS
Traballos no río Limia. CHMS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta