Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2025 | Actualizada ás 18:40
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciou o trámite de concesión a favor do Club Náutico de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico deportivas no porto. Esta concesión prevé actuacións por importe de 1,7 millóns de euros.
A concesión contemplará a execución de obras de mellora e ampliación das instalacións coas que se conseguirán 174 prazas de amarre e instalaranse catro módulos de edificación prefabricados cunha ocupación total de 470 metros.
Esta edificación, a base de módulos, permitirá albergar unha cafetaría e local social, oficinas, vestiario e o pañol para vea lixeira. O prazo de execución previsto para as obras é de 11 meses e o prazo estimado para a concesión ascenderá a 40 anos. A remodelación de prazas de pantalán proxéctase por fases. Nunha primeira substituiranse as actuais dúas liñas de pantaláns fondeados con mortos por outras novas que serán pilotadas ao fondo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.