Denuncian a falta de horas para atender listas de espera do Servizo de Axuda no Fogar de Santiago

As empregadas do servizo maniféstanse "cansas" de solicitar reunións e ter que recorrer á Inspección de Traballo, e que mentres outros municipios incorporan melloras no convenio, Santiago "di que non pode facelo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Os traballadores do Servizo de Axuda non Fogar de Santiago de Compostela denunciaron as condicións nas que se atopa este colectrivo e a falta de horas para atender a demanda e a lista de espera en barbaría ou podoloxía.

Nun comunicado, a CIG censura o "deixamento" da concelleira María Milagros Castro, quen asegurou que se reuniría cos representantes do traballadores pero que leva sen trasladar comunicación algunha desde febreiro.

Neste sentido, maniféstanse "cansadas" de solicitar reunións e ter que recorrer á Inspección de Traballo, e que mentres outros municipios incorporan melloras no convenio, Santiago "di que non pode facelo".

Ademais das súas condicións, consideran "totalmente insuficiente" as horas engadidas nos dous lotes de peliquería e podoloxía, con 10 a maiores que "non chegan" para atender aos usuarios do servizo.

É por iso que a convidan a visitar o domicilio nestas listas de espera para comprobar como os traballadores atópanse con medias melenas ou uñas incrustadas na carnem entre outros casos.

"Non pedimos unha mellora no convenio que non se poida cumprir, pedimos dignidade para todas esas persoas que loitan día tras día e que se enfrontaron á COVID-19 cando a maioría estaban dentro dos seus fogares".

Así, comparan a súa situación coa do persoal das residencias, que contan con "seguimento periódico con PCR", mentres que a eles non se lles somete a probas salvo tras contacto cun positivo.

Coidados no fogar.
Coidados no fogar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta