Por E.P. | A CORUÑA | 02/11/2020 | Actualizada ás 19:18
A alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey, e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González Igrexas, asinaron un convenio para fomentar a cultura accesible e inclusiva.
Ao acto de sintura do contrato tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira; o director da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa, Gabriela González.
A través deste programa, "preténdese lograr a igualdade de oportunidades no acceso á cultura na cidade da Coruña, así como romper as barreiras, especialmente das persoas con discapacidade, para a plena participación da cidadanía nestas actividades".
"O obxectivo é que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade", sinala a rexedora sobre o contido do convenio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.