Feiraco, moito que contar no seu novo envase

Os novos cartóns están xa nos lineais das cadeas de distribución cunha imaxe máis actual e destacando os seus principais valores: o seu modelo cooperativo e o compromiso con Galicia, coa sostibilidade do rural, co consumo local e co medio ambiente.

Por X.M. Fernández | Negreira | 11/12/2020 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

Nova imaxe externa, no deseño gráfico e na información que inclúen, dos envases de Feiraco que se poderán atopar a partir deste 9 de decembro nos estantes dos supermercados e grandes superficies. O formato do cartón, non obstante, mantén as súas características innovadoras que facilitan o seu emprego, favorecendo o vertido e evitando o goteo, así como a súa reciclaxe grazas ao seu práctico sistema de pregado.

Novos cartóns de leite de FEIRACO
Novos cartóns de leite de FEIRACO

Aínda que se mantén o lema corporativo que forma parte da marca "Alimentando un Xeito de Ser", incorpórase un novo no frontal do devandito envase: “Só leite da nosa cooperativa. Xerando valor dende 1968”. Toda unha declaración de intencións que anticipa os seus principais valores: o seu modelo cooperativo e o compromiso con Galicia, coa sostibilidade do rural, co consumo local e co medio ambiente.

Reivindícase o valor do modelo corporativo, concretamente da cooperativa CLUN, que conta con máis de 2.500 socios onde os seus gandeiros venden directamente o leite sen intermediarios.  Un modelo de produción que inviste na viabilidade do medio rural galego, no consumo local e responsable e na sostibilidade ambiental, porque as gandarías dos socios de CLUN están situadas a menos de dúas horas da fábrica e porque, no envase, redúcense a 0 as emisións de CO2.

MÉTODO FEIRACO

Neste novo deseño dos cartóns ponse tamén en valor o método Feiraco, un modelo 360º no que a calidade se garante desde a orixe. Para acadar este obxectivo os cooperativistas de CLUN reciben asesoramento técnico permanente para o coidado das vacas; elaboran os seus propios pensos, que xunto cos mellores forraxes galegos garanten a produción dun leite de calidade,100% galego e que provén unicamente das ganderías dos seus produtores cooperativistas. Ademais, desde CLUN contrólase e optimízase todo o proceso, incluíndo o envasado, o almacenamento e a distribución, para manter a calidade de principio a fin.

Información do envase de Feiraco
Información do envase de Feiraco

A nova imaxe dos envases trasládase tamén á web da marca que se actualiza en base os principais valores recollidos nos envases.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

O leite que me acompaña dende que son pequeno. E que sexa por moitos anos.