Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 09:00
A campaña realizada pola ONG Médicos del Mundo recolle os testemuños de dezasete mulleres, todas elas traballadoras do sistema sanitario saharaui. Este modelo de saúde foi creado polas mesmas mulleres hai máis de corenta anos cando chegaron aos campamentos de refuxiados en Alxeria fuxindo da guerra.
En total o 70% do persoal sanitario nos campamentos de refuxiados son mulleres, que ademais realizan os traballos de fogar. O documental Mujeres, el pilar de la vida (Hunna Raquizat Alhayat) mostra as diferentes especialidades que abordan cada unha das dezasete protagonistas do mesmo. Tamén narra como chegaron ao sistema de saúde por diferentes vías.
Outro dos obxectivos deste traballo audiovisual é que o pobo saharaui coñeza o traballo diario destas mulleres. Ademais, buscan ser modelos para as nenas e mozas refuxiadas que, segundo explican desde Médicos del Mundo, precisan de modelos que as motiven para seguiren estudando.
O título do documental parte da plabra “raziqat”, o piar que serve de soporte para as tendas ou “jaimas”. Faise unha comparación entre as tarefas destas mulleres para soster as familias e a vida das mesmas.
O resultado da campaña pode verse no sitio https://refigiadasensalud.org/. Nete traballo participaron de Médicos del Mundo España, o Ministerio de Saúde Pública saharaui e
a Unión Nacional de Mulleres Saharauis, co financiamiento da Axencia Española de
Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). A gravación da campaña fíxoa a voluntarida de Médicos do Mundo Galicia, Eva Carballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.