Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 19:07
Videoclips, festivais virtuais, programas de radio, xogos de investigación, recitado de poemas e debuxos para ilustrar a obra de Ricardo Carvalho Calero son algunhas das propostas dos 80 centros educativos que participaron no concurso 'Contádenos o voso Día das Letras Galegas', segundo informa a Real Academia Galega (RAG).
Todos os traballos poderán verse na páxina web de 'Primavera das Letras', o proxecto creado pola Real Academia Galega para achegar aos nenos e nenas a figura á que cada ano se dedica o Día das Letras Galegas.
O concurso resolverase o próximo mes de xaneiro e repartirá lotes de libros entre os centros gañadores. Todos os colexios participantes recibirán un diploma que acredite a súa achega. A RAG creou o concurso no ano 2017 co obxectivo de coñecer e difundir "como celebran o Día das Letras Galegas os colexios e premiar a implicación do seu profesorado na divulgación da lingua e cultura galegas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.