As estratexas de Francisco Vázquez

Cando as cousas se lle puñan máis costa arriba, tanto política coma persoalmente, o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, fixo un dos anuncios do ano: marcha de embaixador ó Vaticano. Unha noticia que por si mesma é unha bomba informativa, pero que cobra máis relevancia se analizamos o momento no que foi feita...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/02/2006

Comparte esta noticia

None

Precisamente hoxe este confidencial tiña previsto informar sobre as relación das informacións que aparecen neste xornal coruñés cun importante cargo político do PSOE galego, que, ademáis, non ten moi boas relacións con La Voz de Galicia.

Pero, Francisco Vázquez volveu realizar un golpe maxistral. Este anuncio desvia ocasionalmente a atención das información de La Opinión e despexa o camiño do seu sustituto para as municipais de 2007, un sustituto que ten moitas posibilidades de ser Javier Losada.

O aínda alcalde coruñés dispón de enquisas que indican que, de volverse presentar, non ten asegurada a maioría absoluta, a pesar de ser un dos rexedores máis valorados de Galicia. Con este panorama, e ante a posibilidade de ter que gobernar co BNG, Vázquez preferiu deixar A Coruña para centrarse no Vaticano, pero a súa carreira política non acaba, nin moito menos, senon que é un chanzo máis para obxectivos máis altos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA