Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 14:51
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, confirmou que o Papa Francisco foi xa convidado a acudir a cidade compostelá con motivo do Ano Santo 2021, aínda que admitiu que a visita do pontífice a Compostela dependerá de "moitas consideracións", incluída a evolución da pandemia de covid-19.
Unha crise sanitaria que motivou a ampliación a 2022 do Ano Santo, unha circunstancia nova na historia, segundo comentou Barrio nunha entrevista en Radio Nacional este sábado. Así, trátase da primeira vez que o Vaticano accede a ampliar a duración dun Ano Xubilar, posto que os anteriores precedentes tratouse da concesión de anos santos extraordinarios.
O primeiro, como comentou Barrio, foi no ano 1874 cando a Santa Sé "verificou a realidade" dos restos do Apóstolo Santiago, co que o papa León XIII declarou un ano xubilar extraordinario a través dunha bula. Xa no século XX produciuse o segundo e ata agora último Ano Santo extraordinario. Foi no ano 1938, en plena Guerra Civil española e baixo o papado de Pío XI.
Agora, a Santa Sé accedeu á petición do Arcebispado de Santiago de prolongar a 2022 a apertura da Porta Santa con motivo da pandemia. Unha solicitude que foi remitida a principios do mes de xullo polo propio Barrio, que asegura que a postura de Igrexa compostelá partiu das inquietudes trasladadas polos peregrinos.
En canto á visita do pontífice, o arcebispo xa recoñeceu que foi trasladada á Santa Sé e que ela dependerá de "moitas circunstancias" incluída a evolución da pandemia. "Nada me alegraría máis que poder contar co Papa Francisco", apostilou.
Cuestionado sobre as expectativas deste primeiro ano de Xubileu, o arcebispo apuntou que a Igrexa santiaguesa espera unha melloría no número de peregrinos a partir da Semana Santa. "A realidade é a que temos", sinalou en relación á pandemia, que fará que o Arcebispado de Santiago trate de que, nestes primeiros meses "participen os diocesanos galegos" por ser os que están máis preto da cidade do Apóstolo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.